Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, fixo entrega na mañá de hoxe da viaxe á República Dominicana cedida pola empresa patrocinadora de Siareiros, Viaxes Zonda, en presenza da súa Directora, Alice Martínez.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O MasVisión Amfiv B pechou a tempada cunha dura derrota na cancha do CAI Zaragoza (56-21) por culpa de un nefasto terceiro cuarto no que un parcial de 24-1 acabou coas esperanzas viguesas de concluír a campaña do seu histórico debut cun triunfo. O conxunto de Natxo Cabaleiro xa mostrara moitos problemas para atacar a agresiva defensa local no primeiro cuarto pero, polo menos, conseguira manter tamén controlado o ataque maño, evitando que o CAI puidese correr e anotar con comodidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Club Amfiv continuará unha campaña máis, e xa serán quince de forma consecutiva, na máxima categoría nacional do baloncesto en cadeira de rodas. A vitoria do Basketmi ferrolano ante o Joventut de Badalona permitiu aos vigueses certificar a súa permanencia na División de Honra a falta de disputar aínda dous encontros desta Fase pola Permanencia. Precisamente, o conxunto de César Iglesias recibirán este sábado no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas a partir das 19.00 horas ao Basketmi.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv deixa encarrilada a súa permanencia no último cuarto en Badalona (52-57), o conxunto de César Iglesias tivo que esperar ata os dez últimos minutos para distanciarse no marcador ante un pelón Joventut e conseguir así o seu segundo triunfo a domicilio nesta Fase pola Permanencia, unha vitoria que supón un paso case decisivo para a continuidade dos vigueses na División de Honra a próxima campaña aínda que terán que confirmala nos dous encontros a disputar no Pavillón Pablo Beiro.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O MasVisión Amfiv B a penas puido plantar cara durante os dez primeiros minutos ao invicto líder da Primeira División, un Servigest Burgos que ao descanso xa tiña totalmente encarrilado o partido (32-11) e que ata o asubío final foi incrementando lenta pero inexorablemente a súa vantaxe. O trío formado por Marcio Dias (14 puntos), Manu Somavilla (14) e Jorge Iglesias (16) foron un constante rompedeiro de cabeza para un conxunto vigués que, ademais, estivo excesivamente fallón ante o aro rival.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Amfiv, Celta Zorka, Bembrive e Olivo gañan, Octavio, Las Cinco Jotas, Magope e Vigo perden e o do Blusens Networks suspéndese no descanso cando arrasaban cun resultado de 34-0, é o balance da fin de semana para os equipos Siareiros de elite nos seus encontros ligueiros.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O MasVisión Amfiv B volveu a rozar coa punta dos dedos o seu histórico primeiro triunfo pero, unha vez máis, o filial vigués volveu pecar de inexperiencia nos instantes finais de partido ante un Bera Bera (52-56) que soubo aproveitar os erros locais para facerse con la vitoria.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois de rozar de novo a súa primeira vitoria da tempada a pasada fin de semana en Zamora fronte ao Orto Tres Cruces (49-46), o MasVisión Amfiv B terá este sábado a partir das 17.00 horas no Pavillón Pablo Beiro un nova oportunidade de estrear a súa cuadrícula de triunfos. Porque os vigueses reciben ao Salto Bera Bera, equipo que lles precede na táboa clasificatoria e que só gañou un partido esta tempada, precisamente na primeira volta ante o MasVisión Amfiv B noutro encontro que se decidiu no último suspiro (62-56).
O MasVisión Amfiv B mostra o seu orgullo no último cuarto pero o triunfo escórreselle entre os dedos
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O MasVisión Amfiv B, como xa aconteceu no encontro da primeira xornada liguera, volveu rozar coa punta dos dedos un histórico primeiro triunfo que estivo a punto de chegar neste comezo da segunda volta na Primeira División na cancha do Orto Tres Cruces de Zamora (49-46). Os vigueses, despois dun bo primeiro cuarto no que tutearon aos zamoranos (15-14, min.10), acusaron no segundo parcial a exclusión do seu capitán Alberto Abalde e os locais aproveitaron os instantes de desconcerto para abrir unha pequena brecha no marcador que se mantiña ao descanso (33-22, min.20).
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Vitoria do Amfiv, Magope, Olivo, Blusens Networks, Bembrive e Celta Zorka e derrota do Octavio, Las Cinco Jotas, Xuvenil e Vigo, é o balance dos equipos siareiros elite dos seus encontros de competición nacional disputados esta fin de semana.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Última fin de semana de competición liguera do ano para os equipos Siareiros elite, que se van de vacacións con sorte dispar nas súas cuadrículas. Tras o parón polas festas do Nadal, retomarán a competicion oficial a fin de semana do 9/10 de xaneiro, o Octavio, Magope e Cinco Jotas, Blusens Network, Olivo e Celta Zorka, e farano a seguinte fin de semana, a do 16/17 de xaneiro, o Xuvenil, Olivo, Amfiv e Bembrive.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Catro equipos Siareiros de elite gañaron con facilidade. O sábado o Amfiv facíao no seu feudo fronte ao Abeconsa Baskemi Ferrol (80-40), nun encontro que estaba xa canalizado no primeiro cuarto e sentenciado no descanso. A vitoria permítelle aos pupilos de César Iglesias soñar con disputar a fase polo título.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Colexio Salesianos foi o escenario este fin de semana do III Torneo 3x3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha iniciativa benéfica posta en marcha polo Club Amfiv, o Club Baloncesto Salesianos e a Asociación Juvenil Abertal para facer promoción do baloncesto adaptado entre as persoas sen ningún tipo de minusvalidez á vez que se recadan alimentos non perecedoiros para doar a la Operación Quilo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Colexio Salesianos será o escenario esta fin de semana dunha nova edición, a terceira xa, do Torneo 3 x 3 Solidario de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha iniciativa benéfica posta en marcha polo Club Amfiv, o Club Baloncesto Salesianos, e a Asociación Xuvenil Abertal, para facer promoción do baloncesto adaptado entre as persoas sen ningún tipo de minusvalidez á vez que se recadan alimentos non perecedoiros para doar á Operación Quilo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Octavio, Celta Baloncesto, Xuvenil, Vigo, Las Cinco Jotas, Amfiv e Blusens perderon nos seus respectivos compromisos ligueiros, só o Magope gañou no seu desprazamento a A Cañiza e o Bembrive que empatou en Valladolid.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Celta Baloncesto sumou o seu segundo triunfo da tempada ante o Badajoz (48-63), Cristina Loureiro, con 21 puntos, e Laura Alonso, con 16, lideraron a vitoria das viguesas. Esta semana xogara a domicilio frente a Ciudad de los Adelantados.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Un afortunado lanzamento a taboleiro de Asier García no último segundo do tempo regulamentario condenou ao Amfiv a unha inmerecida prórroga na que os vigueses, xa moi xustos de forzas e de efectivos a ser expulsados por cinco faltas Karlis Podniex e Julio Vilas, caeron derrotados. Con anterioridade, o conxunto de César Iglesias fixera méritos abondos para facerse coa vitoria, nun grande partido colectivo tanto en ataque coma en defensa.