Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O 26 de outubro botará a rodar un novo proxecto do conxunto vigués, nunha campaña na que se estreará un novidoso sistema de competición na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas. Unha nova tempada na que o Amfiv intentará manter ao bloque que tan bos resultados obtivo a pasada campaña, levando a entidade presidida por Pablo Beiro ao terceiro posto tanto na División de Honra coma na Copa do Rei.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv xa ten corpo técnico para a campaña 2013-2014. O conxunto vigués mantén a aposta iniciada hai varias tempadas e seguirá confiando en tres adestradores que proveñen do baloncesto a pé, aínda que despois de tres anos xa se atopan plenamente integrados no baloncesto en cadeira de rodas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Pavillón de Bouzas foi o escenario esta fin de semana de dúas iniciativas postas en marcha polo Club Amfiv, para tratar de achegar o baloncesto en cadeira de rodas e a pé. O sábado abríronse dous intensos días dedicados a mostrar os puntos en común entre ambas as dúas modalidades de baloncesto co I Clinic de Baloncesto adaptado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pavillón de Bouzas acollerá esta fin de semana a festa do baloncesto integral organizada por segundo ano consecutivo polo club vigués Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A novidade nesta edición será o 'I Clinic de Baloncesto Adaptado, que terá lugar o sábado, de dez da mañá ata as dúas de la tarde.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As contas do conxunto vigués eran claras pero case se produce unha incrible e impensable carambola. Unha vitoria en Málaga ante o Clínica Rincón Amivel permitía ao Amfiv igualar a súa mellor clasificación na historia e rematar a tempada na terceira posición.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv desprázase este sábado a Málaga para medirse na última xornada da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas ao Clínica Rincón Amivel, nun encontro vital para cualificar de notable ou de sobresaínte a campaña dos vigueses.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O desprazamento do conxunto vigués a terras vascas para afrontar esta décimo quinta xornada presentábase como unha boa pero complicada posibilidade para relanzar as opcións do Amfiv de pelexar pola segunda posición na táboa clasificatoria.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
César Iglesias enfrontaba, sobre o papel, un prácido partido no seu regreso ao banco do Amfiv. Os vigueses, terceiros, recibían ao último, un recén ascendido como o Caixa Zuzenak que aínda non coñece a vitoria esta campaña e que, ademais, chegaba a Bouzas con múltiples e importantes ausencias. Por iso, o adestrador vigués esperaba que esa diferenza na táboa clasificatoria se plasmase sobre a pista.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv xa ten adestrador. César Iglesias regresa ao equipo que xa dirixiu na tempada 2010-2011 e que tivo que deixar ao comezo da tempada 2011-2012 por unha irresistible oferta do COB Ourense. Iglesias, que actualmente atopaba sen equipo profesional e adestraba a un infantil B do Celta Bosco, incorporarase de inmediato ao Amfiv.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O conxunto vigués afrontaba esta cita da décimo terceira xornada na División de Honra con moitas incógnitas. As catro derrotas nos últimos cinco partidos convertían o choque na cancha do EMSV Getafe en vital para non se descolgar da loita polos primeiros postos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O proxecto do Amfiv para a tempada 2012-2013, aínda que cun serio atraso pola difícil situación económica que fixo pensar ata na desaparición da entidade, xa está en marcha.
Despois de que o conxunto vigués anunciase oficialmente a pasada semana a súa intención de saír a competir esta campaña (undécima consecutiva), a dirección deportiva, con José Antonio Beiro, púxose ao choio para tratar de compensar o tempo perdido. E a primeira tarefa era, sen dúbida, por decidir quen ocuparía o banco do Amfiv na súa undécima tempada consecutiva na máxima categoría do baloncesto en cadeira de rodas nacional.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física fixo pública hoxe xoves a lista de doce elixidos, os xogadores que formarán parte da selección española de baloncesto en cadeira de rodas que participará nos Xogos de Londres 2012.
Tras a concentración realizada a pasada fin de semana en terras británicas e a participación no Torneo de Worcester, o corpo técnico do combinado nacional tomou a decisión definitiva. Bernabé Costas e David Mouriz, do Amfiv, van ser olímpicos.
"É unha pasada. Non hai palabras para describilo", explica Costas. "Ao principio non lles dás importancia porque non valoras a magnitude, pero conforme pasa o tempo dáste de conta de que son uns Xogos e que hai moita xente que pelexa toda a súa vida por conseguir estar e non o logra e nós imos estar nuns", puntualiza Mouriz.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Aldasa Amfiv aproveitou a fin de semana sen competición na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas pola disputa das fases previas europeas para celebrar un encontro amigable ante o APD Paredes, un conxunto luso de recente creación.
A diferenza de potencial entre un equipo que está a iniciarse aínda no baloncesto adaptado e outro coa tradición do Amfiv, que esta tempada celebra o seu trixésimo aniversario, quedou patente xa dende o asubío inicial.
Con todo, a cita resultou moi positiva para o adestrador vigués Julio Bernárdez, que aproveitou para repartir moito o protagonismo e premiar especialmente aos xogadores que ata o momento estaban dispondo de menos minutos durante a campaña para intentar que todos os seus pupilos estean a lume de biqueira e plenamente integrados na dinámica de xogo nesta recta final de tempada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Cambios na disputa das vindeiras xornadas do Aldasa Amfiv en División de Honra de cadeira de rodas e que afectan aos seus partidos diante do CAI Zaragoza e do CID de Xetafe.
En principio, segundo o calendario inicial o conxunto vigués tiña que desprazarse esta fin de semana a Zaragoza para disputar a terceira xornada da máxima competición nacional.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Cando esperaba que na noite deste domingo chegase ao aeroporto de Peinador o pívot turco Omer Gurkan unha vez que o tema do seu visado parecía xa solucionado, finalmente un problema no avión no que debía realizar o traxecto entre Estambul e Madrid provocou que Gurkan non puidese saír de Turquía. Iso si, se non xorden novos contratempos, o luns chegará finalmente Vigo para concretar a súa incorporación ao Aldasa Amfiv.