Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Iberconsa-Amfiv
Iberconsa-Amfiv
Presidente:  José Antonio Beiro
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Liga:  Nacional FDEMF de Baloncesto en Cadeira de Rodas
Telefono:  986 237 891/986 492 312
Email:  amfiv@hotmail.com
aldasalagun 2O Aldasa Amfiv seguirá un ano máis na máxima categoría do baloncesto en cadeira de rodas. Era máis unha cuestión matemática que real porque o conxunto de César Iglesias tiña xa case garantida a súa continuidade logo do seu triunfo hai dúas xornadas en Badalona fronte ao Gam (41-68).

 

374cristian yolivieO conxunto de César Iglesias regresan este sábado á División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas despois de quince días sen competición e faino nun horario diferente ao acostumado xa que o seu compromiso ante o Lagun Aro Bilbao no Pavillón de Bouzas será ás 19.00 horas e non ás 18.00 horas como adoita ser habitual.

 

amfivtiempomuertopabellonDespois de dúas semanas sen competición pola Semana Santa e pola celebración das finais continentais (Challenge Cup e André Vergauwen), o Aldasa Amfiv regresa este sábado á competición na División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas recibindo o penúltimo clasificado, o Lagun Aro Bilbao Basket.

 

374rueda amfiv 2011A dolorosa derrota encaixada o pasada sábado en Valladolid ante o Fundación Grupo Norte (78-41), nunha segunda parte desastrosa dos vigueses, obrigaban a César Iglesias e os seus pupilos a realizar un exercicio de autocrítica para avaliar os motivos dunha derrota que entraba dentro do esperado pero non así a contundencia do marcador.

 

amfivbasketmi25.9.10O Aldasa Amfiv pode converterse este sábado en Valladolid (19.00 horas) en protagonista case involuntario da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas. Os vigueses, coa permanencia practicamente asegurada tras o seu triunfo da pasada xornada en Badalona (41-68), visitan a cancha do Fundación Grupo Norte, un rival que non pode permitirse ningún tropezo no que resta de tempada se quere conservar o seu liderado virtual e gañar a liga.

 

amfivvalladolidO Aldasa Amfiv sorrí de novo. O conxunto de César Iglesias á fin atoparon a luz ao final do túnel despois dun complicado mes de marzo, saldado con seis derrotas consecutivas entre euroliga 1, partido ligueiro ante o Getafe e Copa do Rei. Foi á primeira oportunidade e chegou a través dun partido moi serio por parte dos vigueses, que apenas deron opción ao último da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas, o Gam Joventut de Badalona (41-68).

 

374amfivgrancanaria1Unha vez superado o negativo mes de marzo, coas temperás eliminacións copera e europea, o conxunto de César Iglesias regresa este sábado (19.00 horas) á realidade da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de rodas visitando a cancha do GAM Joventut de Badalona, un equipo que ocupa a última posición da táboa clasificatoria pero que xa demostrou na primeira volta no Pavillón de Bouzas (59-50) que non será un rival doado.

 

O conxunto de César Iglesias sabía que a súa participación na Copa do rei de baloncesto en cadeira de rodas que se disputou esta fin de semana en Marbella podía ser efémera. A sorte deparara, unha vez máis, un complicadísimo choque en cuartos de final aos vigueses.

 

374joseabeiroVive a súa primeira tempada como máximo responsable deportivo do Aldasa Amfiv despois de toda unha vida dedicada ao club, no que realizou todas as funcións posibles. José Antonio Beiro asumiu a dirección deportiva da entidade o pasado verán para axudar e dar descanso ao presidente e fíxoo coa máxima ilusión e ganas.

 

374aldasa-getafeÉ difícil comprender como un equipo que defende ben e que fai un correcto traballo en ataque para conseguir boas posicións de tiro non gaña. Pois ben, as dúbidas disípanse vendo un partido do Aldasa Amfiv. Os vigueses conseguen atar as mans a ofensiva do seu rival e atopar os ocos necesarios na súa defensa para lanzar con relativa comodidade pero non son capaces de culminar as súas interesantes accións ofensivas con canastras e págano caro. Xeralmente coa derrota.

 

amfivmarzo2011"A verdade é que non foi unha semana boa de traballo. Á xente, como é normal, fíxolle bastante dano a nosa eliminación europea. Ademais, non puidemos dar descanso e o martes tivemos que volver aos adestramentos e aos xogadores custáballes centrarse no traballo.

 

padreO sucedido en Nörrkoping aínda pesa na mente dos xogadores de César Iglesias. A non clasificación do Amfiv por primeira vez en sete anos para unha fase final europea deixou tocado o conxunto vigués, que tiña postas moitas ilusións, como sempre, nas competicións continentais.

 

amfivstaO Aldasa Amfiv, que chega a Peinador mañá luns pola noite, despediuse hoxe da súa participación europea esta tempada do peor xeito posible. Logo de non ser quen de gañar ningún dos seus compromisos anteriores e coa certeza de que diante do Santa Lucía italiano o conxunto de César Iglesias ocuparía a quinta posición do grupo e quedaría fóra das fases finais continentais, os vigueses víronse amplamente superados.

 

 

amfnorrO tolo mes de marzo, no que o Aldasa Amfiv afronta tres competicións ao tempo (Liga, Euroliga e Copa), alcanza a súa ecuador coa eliminación continental, un partido ligueiro en Bouzas para recuperarse animicamente este vindeiro sábado e, sen tempo para máis, afrontar a Copa do Rei en Marbella, onde do 25 ao 27 xogarase o torneo do KO e espera aos de César Iglesias o Fundosa ONCE, todo un coco.

 

aldasaA Euroliga 1 arrincou este venres en Nörrkoping (Suecia) para o Aldasa Amfiv, que perdeu contra o Mideba Badaxoz (56-64) e fixo o mesmo inicio que na Euroliga 1 da tempada pasada e tamén na Willi Brinkmann 2010 (derrota contra un equipo español, o Fundación Grupo Norte)... pero iso non impediu que os vigueses rematasen xogando a súa terceira final continental.

 

 

374amfivroldaprensamarzo2011Claro, contundente e sen rodeos. Así se mostrou o director deportivo do Aldasa Amfiv, José Antonio Beiro, no inicio da comparecencia ante os medios de comunicación que na mañá de onte en Vide mantivo acompañado do seu técnico, César Iglesias, e dos xogadores Agustín Alejos e Bernabé Costas para falar sobre a participación do conxunto vigués por sétimo ano consecutivo en competición europea.

 

agus1O Aldasa completou o seu partido máis serio da tempada no momento máis oportuno para romper a súa sorte de catro encontros consecutivos sen coñecer a vitoria.

 

374amfivgrancanaria1O encontro foi estraño xa antes de empezar. O Amfiv variaba o seu horario habitual de xogo da tempada, as 18.00 horas, para disputar o choque unha hora máis tarde a petición dos insulares. As combinacións de voos aconsellaban que o compromiso entre o Aldasa e o Econy Gran Canaria comezase ás 19.00 horas para evitar problemas. Pero a medida preventiva non foi suficiente porque ás sete da tarde os insulares remataban aínda de tomar terra no aeroporto de Peinador. Por iso, o partido non se iniciou finalmente ata corenta e cinco minutos máis tarde.

 

amfivcarril1Dentro do programa de visitas a estudantes de Vigo e a súa área de influencia que ao longo de toda a tempada desenvolve o Aldasa, os pupilos de César Iglesias recibiron na mañá do pasado xoves un interesante visita no Pavillón de Bouzas.

 

374shawnO Aldasa non ten sorte cos árbitros. A pasada xornada os madrileños Pinilla e De Agustín foron protagonistas na recta final do choque dos vigueses ante o Once Andalucía (62-73).