Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Iberconsa-Amfiv
Iberconsa-Amfiv
Presidente:  José Antonio Beiro
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Liga:  Nacional FDEMF de Baloncesto en Cadeira de Rodas
Telefono:  986 237 891/986 492 312
Email:  amfiv@hotmail.com

374aldasa-once3Os madrileños Pinilla e De Agustín, especialmente este último, convertéronse nos inesperados protagonistas do enfrontamento entre o Aldasa Amfiv e o Once Andalucía coas súas polémicas decisións no último cuarto.

 

aldasa-once2O primeiro tramo da competición na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas é xa historia. O conxunto de César Iglesias, despois dun titubeante inicio de tempada, pechou a primeira volta na sétima posición cun balance de cinco vitorias e seis derrotas, aínda que cun excelente sabor de boca grazas ao último encontro desta fase inicial da tempada disputado o pasado sábado en Bouzas ante o todopoderoso Fundosa ONCE.

 

374aldasa-fundosa1Non puido ser. O conxunto de César Iglesias non conseguiu protagonizar a gran sorpresa na última xornada da primeira volta na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.

 
bertoOs xogadores e o corpo técnico do Aldasa Amfiv vigués esperan que a súa petición de apoio non caia en saca roto e desexan contar co respaldo dunha afección entregada hoxe diante do Fundosa ONCE, dez veces campión de liga, no pavillón de Bouzas (18:00). Saben que para superar a un equipo co potencial do Fundosa toda axuda é pouca e, por iso, comprometéronse a pagar dos seus petos as entradas de todos os seguidores que acudan ao encontro.

 

A mensaxe dos xogadores e o corpo técnico do Aldasa Amfiv calou. A súa petición de apoio aos afeccionados para o seu compromiso deste sábado ás 18.00 horas no pavillón de Bouzas diante do colíder da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, o Fundosa ONCE, parece atopar a resposta perfecta e espera un bo ambiente para este importante choque. A súa aposta foi arriscada ao decidir pagar do seu propio peto as entradas de todos os seguidores que se acheguen o sábado a Bouzas a animar ao Aldasa. Pero non están sós. O exemplo estendeuse.

 

amfivtiempomuertopabellonO inicio do encontro do Aldasa facía presaxiar un mal día. Un parcial de 0-7 para comezar o choque ante un candidato ao título como o Fuhnpaiin Peraleda é unha lousa difícil de levantar.

 

amfivbasketmi25.9.10Aldasa Amfiv 72-20 Basketmi. Certo é que se trata do primeiro partido de pretempada e que César Iglesias a penas dispuxo de catro sesións de traballo co equipo ao completo pero o Aldasa Amfiv 2010-2011 deixou un bo sabor de boca.

 

shawnamfivA segunda e última fichaxe do Aldasa Amfiv para a tempada 2010-2011, o internacional sub-23 australiano Shawn Russell, foi presentado na mañá de onte xoves nas instalacións da Fundación VIDE, nun acto no que o novo xogador do conxunto vigués estivo acompañado por o que será o seu novo director deportivo, José Antonio Beiro, e o vicepresidente do club, Antonio Riveiro, quen exerceu como tradutor.

 

besiktas2César Iglesias xa teñe ao seu equipo ao completo despois de que na mañá de onte aterrasen en Vigo Agustín Alejos e a segunda e última incorporación do equipo vigués para a tempada 2010-2011, o australiano Shawn Russell.

 

375juliovilasDespois dunha intensa semana de traballo de cara a preparar o comezo da tempada o próximo 16 de outubro en Sevilla fronte a o Once Andalucía, os nove xogadores cos que conta actualmente o novo técnico do Aldasa Amfiv -Borja Rei é baixa nesta parte inicial da pretempada por motivos persoais- iniciaron na mañá de onte mércores as sesións de recoñecemento médico para comprobar que son aptos para a práctica deportiva.

 

rodarteO Aldasa Amfiv iniciou este martes o traballo de pretempada e fíxoo con dez xogadores a disposición do novo técnico do conxunto vigués, César Iglesias, toda vez que aos nove xogadores que continúan respecto á pasada tempada -Xullo Vilas, Lorenzo Envó, Berni Costas, Vicky Alonso, Santi Comesaña, Moncho Pombo, Albert Abalde, Borja Rey e David Mouriz- uniuse o americano David Rodarte, que foi presentado ante os medios de comunicación onte na Fundación VIDE.

 

bertoO novo Aldasa Amfiv de César Iglesias iniciarán este martes o traballo de pretempada de cara ao seu debut na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas o vindeiro 16 de outubro en Sevilla ante o vixente campión ligueiro, o ONCE Andalucía.

 

aldasa-gamO Aldasa Amfiv alcanzou un acordo para renovar o contrato de tres dos xogadores que xa formaron parte do equipo a tempada pasada.

 
27.08O Club Deportivo Amfiv anunciou hoxe varias novidades para a tempada 2010/2011 tanto no organigrama deportivo como directivo. A entidade que preside Pablo Beiro continuará con el á fronte, pero dous directivos, José Antonio Beiro, Chechu, e Manuel Veiga, asumirán "o día a día do Amfiv" e "o peso específico do club"; Beiro pasará  "a segundo plano", segundo explicou o propio dirixente vigués durante a conferencia de prensa que serviu de presentación para o novo adestrador, César Iglesias".

 

amfivO conxunto vigués xa coñece o calendario para a campaña 2010-2011, na que debutará enfrontándose o 16 de outubro en Sevilla ao Once Andalucía, un equipo que estará dirixido polo ex técnico do Amfiv Abraham Carrión Ruiz.

 

cesar1O técnico olívico, que a pasada tempada dirixiu ao Rosalía santiagués na LEB Prata, reunirase nos próximos días co presidente e o director deportivo para rematar de perfilar o equipo que empezará a traballar o próximo 7 de setembro.

 
aldasa-barca1O Aldasa Amfiv botou o peche á tempada 2009-2010. Pero non o fixo como lle gostaría.

O guión previsto pasaba por gañar ao Barcelona para celebrar o final de campaña cunha última vitoria en casa que, ademais, serviría para que os locais ascendesen á quinta posición na táboa clasificatoria da División de Honra de Baloncesto en cadeira de rodas.

 

Os vigueses souberon reaccionar ao seu pésimo inicio de choque despois do descanso (49-17) para impoñerse no terceiro e no cuarto período, a pesar da lesión nun ombro de Lorenzo Envó e a rotura da cadeira de Agustín Alejos, dando a cara ante un Once Andalucía que se xogaba o título e quixo marcar distancias dende o asubío inicial (74-61).

 

Os vigueses desprázanse este sábado a Sevilla para enfrontarse (18.00 horas) a un Once Andalucía que non pode fallar para non ver perigar o seu primeiro posto na División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas. Mentres, o Amfiv, tras a decisión do xuíz único de darlle a vitoria no seu choque ante o Econy Gran Canaria, sabe que cun triunfo nas dúas xornadas que quedan será quinto.

 

amfivcaiOs vigueses regresaron á competición na División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas cun triunfo ante o CAI Zaragoza (56-43), que pareceu perigar no segundo cuarto pero que deixaron sentenciado no terceiro parcial. Unha vitoria que permite ao Amfiv seguir aspirando á quinta praza da táboa clasificatoria a falta de dúas xornadas para a conclusión da tempada.