Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Iberconsa-Amfiv
Iberconsa-Amfiv
Presidente:  José Antonio Beiro
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Liga:  Nacional FDEMF de Baloncesto en Cadeira de Rodas
Telefono:  986 237 891/986 492 312
Email:  amfiv@hotmail.com

O conxunto vigués, que a pasada fin de semana non puido disputar o seu choque ligueiro ante o Econy Gran Canaria a non poder desprazarse os insulares a Vigo polos problemas aéreos ocasionados pola nube de cinza volcánica, retoma este sábado en Bouzas a competición (18.30 horas) ante un equipo maño en plena progresión.

 

amfivcelebracioncopawilli20O Aldasa Amfiv non puido disputar o seu encontro ante o Econy Gran Canaria previsto para a tarde do pasado sábado en Bouzas (18.30 horas) ao non poder desprazarse nin os insulares nin os colexiados a Vigo ao encontrarse pechado o aeroporto de Peinador pola nube de cinzas volcánica.

 

O conxunto vigués retoma este sábado en Bouzas (18.30 horas) a División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas enfrontándose ao Econy Gran Canario despois de dúas semanas de parón pola disputa das fases finais das competicións europeas e tras o brillante subcampionato na Copa Willi Brinkmann conquistado polo Amfiv.

 
final3O Aldasa Amfiv rematou segundo clasificado da Copa de Europa Willi Brinkmann, a terceira competición continental de baloncesto en cadeira de rodas.

Como en Vigo 2006 con Sando no banco e Tuzla 2008 con Diego Núñez como adestrador, en Meyrin 2010 (Xenebra), baixo a dirección técnica de Abraham Carrión o club vigués quedou sen título europeo. Esta vez perdeu diante do Fundación Grupo Norte de Valladolid (67-100).

 
envo2006O encontro deste domingo (12:15 horas, pavillón da Ecole Champs-Fréchets) polo título da Willi Brinkmann 2010 será o quinto partido oficial esta tempada entre o Aldasa Amfiv vigués e o Fundación Grupo Norte de Valladolid.

 
final1aTerceira final do Aldasa Amfiv na Willi será en cambio a primeira do Fundación Grupo Norte Valladolid nun torneo europeo.

 
lorenzoO Aldasa Amfiv disputará mañá domingo a final da Copa de Europa Willi Brinkmann por terceira oportunidade.

 

ginebraO equipo vigués atopase xa en Xenebra para iniciar este venres ás 13.30 horas unha nova participación europea, a sexta consecutiva, coa máxima humildade pero sen renunciar a pelexar por alzar unha Copa Willi Brinkmann da que xa foi subcampión en dúas ocasións.

 

A competición que se desenvolverá esta fin de semana en Xenebra (Suíza) contará coa presenza do terceiro (Fuhnpaiin Peraleda), o cuarto (Fundación Grupo Norte) e o sexto clasificado (Aldasa Amfiv) da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.

 

pablobeirorecortadaO presidente do Aldasa Amfiv, máis tranquilo unha vez que parece case seguro que a expedición viguesa poderá desprazarse sen problemas o próximo xoves en avión a Xenebra para disputar a fase final da Copa Willi Brinkmann, considera o choque inaugural ante os pucelanos como decisivo para o futuro do seu equipo na competición.

 

Os vigueses, ante o peche de aeroportos e a suspensión de voos, esperan noticias para saber se o próximo xoves poderán desprazarse a Xenebra para disputar a fase final da Copa Willi Brinkmann.

 

Os vigueses fixeron os deberes na primeira parte para superar con claridade ao Hercesa (58-71), acumulando boas sensacións de cara a afrontar a próxima fin de semana en Xenebra (Suíza) a súa participación na fase final da Copa Willi Brinkmann.

 

aldasa-gamOs vigueses, moi desacertados no tiro, apelaron á defensa para superar ao Gam Joventut, que chegou moi castigada na recta final do encontro polas faltas persoais, e conseguir a vitoria (48-45) no seu peor encontro en ataque da tempada.

 

Os vigueses, coa dúbida de saber como lles afectará o longo parón ligueiro, reciben este sábado en Bouzas (18.30 horas) un rival ante o que deixou escapar un importante triunfo na primeira volta (64-62).

 

foto2Os vigueses, por enésima ocasión esta tempada, foron superiores ao seu adversario durante 36 minutos pero regalaron o encontro e a clasificación para as semifinais da Copa do Rei de baloncesto en cadeira de rodas que se está a disputar en Toledo por culpa de catro desastrosos minutos, tres ao final do segundo cuarto e outro nos instantes finais do choque. O Fundación Grupo Norte, por suposto, non o desaproveitou para impoñerse por 84-74.

 

Os vigueses, que afrontan o torneo do K.O. con moita ilusión a pesar de estar na parte máis complicada do cadro, mídense ao Fundación Grupo Norte nos cuartos de final o sábado ás 12.00 horas.

 

O conxunto de Abraham Carrión tivo unha vez máis contra as cordas ao líder da División de Honra durante case trinta minutos (50-49, min.28) pero dous minutos de desaxuste en defensa e en ataque acabou coas opcións dos vigueses de sumar un importantísimo triunfo (72-59).

 

Os vigueses tampouco tiveron sorte no sorteo da fase final da Copa Willi Brinkmann, que se celebrará en Xenebra (Suíza) do 23 ao 25 abril, e compartirán o Grupo A co Fundación Grupo Norte de Valladolid, o CAPSAAA francés e os anfitrions, os suízos do Les Aigles de Meyrin.

 

amfiveuroligaO Aldasa finalizou na cuarta posición o Grupo C da euroliga 1 despois de que o Besiktas se impuxese ao Burdeos (66- 85) co que houbo un triplo empate pola terceira posición.

 

besiktas2Os vigueses pecharon a súa participación na euroliga 1 co seu mellor encontro do torneo, aplicados en defensa e efectivos en ataque, para vencer os turcos (66-75) e manter esperanzas de clasificarse para algunha das fases finais das competicións continentais. Para sabelo terán que esperar á conclusión do Besiktas-Burdeos.