Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Iberconsa-Amfiv
Iberconsa-Amfiv
Presidente:  José Antonio Beiro
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Liga:  Nacional FDEMF de Baloncesto en Cadeira de Rodas
Telefono:  986 237 891/986 492 312
Email:  amfiv@hotmail.com

O conxunto vigués afronta este sábado, en Getafe a partir das 18.30 horas, o último partido da tempada 2013-2014 coa intención de prolongar as boas sensacións tras o seu sensacional terceiro posto na Copa do Rei vencendo precisamente o subcampión nesta edición do torneo do K.O., o CID Casa Murcia Getafe. O Amfiv, ademais, sabe que un triunfo ante os madrileños suporá tamén un premio adicional posto que permitirá ao equipo de César Iglesias rematar a campaña nunha máis que meritoria quinta praza.

 

amfivO Amfiv regresa á casa despois dun espléndido papel na Copa do Rei repetindo o rotundo éxito logrado a pasada campaña en Bilbao ao superar nesta ocasión ao equipo anfitrión, o Clínica Rincón Amivel, no encontro polo terceiro e cuarto posto.

 

amfiv_marzo_2014O Amfiv pechou a tempada 2013-2014 cunha importante vitoria ante o Mideba Extremadura, que chegaba  Vigo como segundo clasificado nesta Fase polo Título. Un triunfo que os vigueses dedicaron ao recentemente falecido José González Freire, director-xerente de Aldasa, ex patrocinador do club, e que lles permite ter na súa man rematar a campaña nunha brillante quinta praza se a última xornada vencen a domicilio ao Getafe.

 

amfiv_marzo_2014Era un partido moi complicado ante un rival que está varios chanzos por enriba do resto dos conxuntos da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, como demostra o feito de que dende a pasada xornada o Fundosa Once xa é campión e sen ceder ningún partido. É máis, á inmensa maioría dos seus rivais os borrou da pista.

 

amfiv_bilbaoO Amfiv deixou escapar a oportunidade de conseguir un triunfo moi importante para aspirar a pelexar polas primeiras prazas nesta Fase polo Título da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, nun encontro que tiña moi ben encarrilado ao descanso (29-19) pero que se complicou muchísimo despois dun mal terceiro cuarto dos vigueses no que encaixaron máis puntos que en toda a primeira parte. 

 

sorteo_copa_reyA fortuna, unha vez máis, deu as costas ao Amfiv no sorteo dos emparellamentos da Copa do Rei, que se disputará os días 5 e 6 de abril nas localidades andaluzas de Vélez e Málaga. Non polo cruzamento en si ante o Fundación Grupo Norte, o eterno rival nos torneos do K.O. dos vigueses, senón pola parte do cadro na que quedou encadrado o conxunto de César Iglesias e por, en principio, os horarios dos seus partidos.

 

AMFIV-GETAFE1O conxunto vigués, despois da súa sensacional vitoria a pasada xornada na cancha do Mideba Extremadura, sumou este sábado en Bouzas o seu segundo triunfo nesta Fase polo Título, confirmando que está capacitado para competir con calquera. Nesta ocasión, o Amfiv, nun encontro moi serio, cunha gran defensa e aproveitando as súas opcións en ataque, impúxose con solvencia a un dos candidatos a pelexar polos tres primeiros postos, o Getafe (61-51).

 

O conxunto vigués inaugurou o pasado sábado na cancha do Mideba Extremadura a súa cuadrícula de vitorias nesta Fase polo Título da División de Honra. Fíxoo cando peor pintaban as cousas, despois dunha semana moi complicada e con importantes ausencias e ante un rival de entidade. Non obstante, o conxunto de César Iglesias completaron un encontro excelente, no que todos e cada un dos seus xogadores achegaron o seu granito de area ao importante triunfo. Agora, os vigueses queren seguir nesa mesma liña e sumar a súa segunda vitoria este sábado no Pavillón de Bouzas (18.30 horas) ante o Getafe.

 

Cando peor pintaban as cousas. Despois dunha semana complicada e co equipo baixo mínimos tras a marcha de Agustín Alejos e a baixa por enfermidade de Santi Comesaña. Na cancha do vixente subcampión de Copa e terceiro clasificado nesta Fase polo Título, o Mideba Extremadura. Un equipo que conta nas súas filas co máximo anotador da División de Honra, o mexicano Salva Zavala, moi ben acompañado por xogadores da envergadura de Hugo Lourenço e José Cano aos que se uniu recentemente o arxentino Carlos Alberto Esteche.

 

SantiO Amfiv afrontará este sábado en Badajoz o seu terceiro encontro na Fase polo Título, un choque no que os vigueses medirán forzas ante o subcampión da pasada edición da Copa do Rei e actual terceiro clasificado na Liga, o Mideba Extremadura. E farano con dúas ausencias importantes, que deixan baixo mínimos ao conxunto de César Iglesias.

 

agusEra unha noticia que podía producirse en calquera momento aínda que as circunstancias invitaban o optimismo e o propio xogador anunciara ao club hai algunhas semanas a súa intención de quedar ata o final de la tempada. Non obstante, a enfermidade da avoa da súa parella en Australia precipitou os acontecementos e Agustín Alejos xa está camiño de Brisbane tras coller este mesmo luns un avión en Peinador.

 

agusEra unha noticia que podía producirse en calquera momento aínda que as circunstancias invitaban o optimismo e o propio xogador anunciara ao club hai algunhas semanas a súa intención de quedar ata o final de la tempada. Non obstante, a enfermidade da avoa da súa parella en Australia precipitou os acontecementos e Agustín Alejos xa está camiño de Brisbane tras coller este mesmo luns un avión en Peinador.

 

amfiv-fundosa1O vixente campión de Liga e Copa do Rei e máximo candidato a repetir ambos os dous títulos sen excesiva oposición do resto de conxuntos da División de Honra, exhibiu este sábado en Bouzas os seus argumentos para marchar aínda invicto (52-92).  

 

O inicio da Fase polo Título de la remodelada División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas levou ao Amfiv á cancha do segundo clasificado do Grupo 1, un Bilbao BSR que se reforzou moito e ben o pasado verán e que está a realizar unha gran tempada. O compromiso era complicado para o conxunto de César Iglesias pero salvouno con nota a pesar da súa derrota nun apaixonante e bonito partido no que calquera dos dous equipos puido facer ela vitoria. De feito, os vigueses dispuxeron dun último triplo á desesperada de Agustín Alejos que finalmente non entrou aínda que estivo moi preto de facelo e supuxese un triunfo de moito mérito para o Amfiv.

 

SEGUNDA_FASEDespois de conseguir no último instante a súa clasificación para a Copa do Rei a pesar da súa derrota ante o Fundación Grupo Norte, o conxunto vigués afronta unha semana sen competición liguera, perfecta para recargar as pilas tras dúas intensas semanas.

 

VALLADOLID-AMFIV2O Amfiv xogará unha campaña máis a Copa do Rei. Os vigueses tiveron que esperar case unha hora tras concluír o seu encontro en Valladolid para confirmar a súa clasificación para o torneo do K.O. grazas ao triunfo do Amiab albaceteño na cancha do Ace Gran Canarias (46-49).

 

O Amfiv sabía que se xogaba moito ante o ACE Gran Canaria. Primeiro, non pasar apuros na última xornada desta primeira fase e deixar canto antes garantida a súa continuidade unha campaña máis na máxima categoría nacional. E segundo, ter a oportunidade de rematar entre os tres primeiros, logrando así o billete para a Copa do Rei.

 

O conxunto vigués sabía que un triunfo aseguraba xa matematicamente a súa clasificación para a fase polo título e, polo tanto, certificaría a súa presenza outra campaña máis na máxima categoría. Pero, ademais, a vitoria levaba consigo igualmente un paso importantísimo para intentar estar na próxima edición da Copa do Rei. Non obstante, o conxunto de César Iglesias non foi capaz de mostrar sobre a pista a ambición necesaria para lograr eses dous importantísimos obxectivos e o Clínica Rincón Amivel, moito máis centrado e que demostrou máis fame por lograr un triunfo que lle permita soñar aínda coa permanencia, fíxose coa vitoria.

 

amfivA expedición galega de baloncesto en cadeira de rodas, pechou a súa participación no Campionato de España Escolar que se celebrou en Cáceres dende o pasado 2 de xaneiro sen poder probar o doce sabor da vitoria, pero contenta por cumprir con creces o obxectivo que todos os integrantes se marcaran para esta cita: gozar ao máximo da experiencia.

 

uxiaNicolás Muñoz Moreno, Uxía Chamorro García, Ángel Teixeira Landín e Brais González Jorge forman parte da expedición da selección galega de baloncesto en cadeira de rodas que onte xoves saiu rumbo a Cáceres para participar no Campionato de España Escolar por autonomías que se desenvolve nesta cidade ata o próximo 6 de xaneiro conxuntamente co Campionato de España Cadete masculino e feminino de baloncesto a pé.