Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo  Vigo Rugby
Vigo Rugby
Presidente:  Ramón González-Babé Iglesias
Oficina:  1ª Travesía de Santiago de Vigo, 1 - 3º Izq. 36201 Vigo/info@vigorugby.es
Liga:  División de Honra B

374ruckvigoO Iveco Universidade Vigo Rugby trasladábase a Oviedo sabendo que o tocaba un forte rival en defensa. E nunha liga sumamente parella os partidos defínense por pequenos detalles, que neste caso foi un erro a 7 minutos do final nun mal pase da liña de tres cuartos, que con superioridade numérica e posibilidades de ensaiar, lle regala un balón que intercepta o equipo asturiano para ensaiar baixo paus e desmoralizar ao equipo vigués, que acabou perdendo por 14 10.

 

374img_7731Duro partido o que lle tocou xogar ao Iveco Universidade en Hernani con resultado final en contra de 19 a 14. Ao perder por menos de 8 puntos o conxunto vigués tróuxose un punto bonus.

 

374img_8284No partido correspondente á 8ª xornada da liga de División de Honra B, o Iveco Uiversidade Vigo R.C. conseguiu unha nova vitoria ante BUC que lle permite continuar na segunda posición da táboa.

 

374ruckvigoO Iveco Universidade obtivo un importante triunfo na súa visita ao Pais Vasco ao campo do Durango vencendo por 24 15 e traéndose un punto bonus. Con este resultado o equipo olívico colócase segundo na clasificación como única escolta de Getxo Rugby que venceu con bonus ao BUC en Barcelona por 53 a 17.

 

374ivecooctubre2010Nun gran partido, o Iveco Universidade Vigo R.C. impúxose ao líder e invicto Oviedo por 30 a 23.

 

374ruckvigoDifícil partido era o que lle esperaba ao Iveco Universidade Vigo Rugby no País Vasco ante o Getxo Artea Rugby Taldea. Presentouse o equipo vigués con un cambio con respecto ao partido da semana anterior, entraba Fernando Millara de segunda liña e pasaba Mariano Berlande ao posto de oitavo polo lesionado Juan Pablo Macedo.

 

vigorugbyO Iveco Universidade Vigo Rugby desprázase a Getxo para disputar o terceiro partido da División de Honra B española. O equipo partirá en bus o sábado pola mañá coa idea de chegar á cidade vasca pola tarde e realizar un adestramento suave antes do importante do con Getxo Artea Rugby Taldea que marcha empatado a puntos co equipo vigués na segunda posición, ambos os dous con 8 puntos. O partido será o domingo ás 12.30 h no Campo da Cidade Deportiva de Fadura.

 

374ruckvigoNun bo partido, Iveco Universidade Vigo RC logrou quedar coa vitoria por 12 a 6 ante Hernani, último campión da categoría.

 

375ivecosetembro2010Este domingo 10 de outubro de 2010 ás 12.00 h no CUVI disputarase a segunda xornada da División de Honra B española entre o Iveco Universidade Vigo Rugby e Hernani Rugby Elkartea.

 

rikitukakiO Iveco Universidade tróuxose unha importante vitoria do seu primeiro partido da División de Honra B española no seu desprazamento a Barcelona co Universitari Club.

 
foto equipoO Iveco Universidade de Vigo, equipo do programa Siareiros que milita na División de Honra B de rugby, incorporou un novo xogador procedente das ligas do Hemisferio Sur. Trátase de Carlos Blanco, que competía ata hai uns días co Northern Suburbs Rugby Football Club, un club de Sydney (Australia) que se fundou en 1900.

 

375ivecosetembro2010Nun duro encontro, o Iveco Universidade Vigo RC logrou unha axustada vitoria ante Arcos de Valdevez, que milita na Divisao de Honra portuguesa, por 14 a 10.

 

vigorugbywebO Iveco Universidade Vigo RC e o seu segundo equipo, participaron de senllos triangulares xogados no Estadio Pepe Rojo, da cidade de Valladolid.

 

vigorugbyO próximo sábado 11 de setembro o Iveco Universidade Vigo RC desprazarase a Valladolid para disputar un triangular co segundo equipo de VRAC Queixos Entrepinares (milita na División de Honra) e co Club de Rugby Cisneros de Madrid (División de Honra B).

 

vigorugbyNa súa primeira presentación da tempada, Iveco Universidade Vigo  conseguiu un cómodo triunfo ante o Rugby Club da Rugby Club da Lousã por 61 a 14. O encontro amigable durou 3 tempos de 25 minutos e serviu para ir delineando o equipo para a dura tempada de División de Honra "B" que comezará a primeira fin de semana de outubro.

 

primer-entrenamientovigorugXa se cumpren 10 días do comezo da pretempada do Iveco Universidade Vigo Rugby durante as cales David Monreal, o novo adestrador, puido sacar as súas primeiras impresións.

 
david22Excelente noticia para o deporte vigués. O Universidade de Vigo terá novo patrocinador principal para a tempada 2010-2011. Iveco, firma do mundo do transporte, é a elixida.

 

monrealOs equipos senior masculinos do Vigo Rugby Club comezarán a pretempada o vindeiro 17 de agosto ás 20.30 horas nas instalacións do Club de Campo de Vigo, no Vao.

 

 

O Ednon Universidade de Vigo R.C. proclamouse campión, unha vez máis, da Copa Xunta, logo de superar sen inconvenientes, a CRAT por 67 a 0.

 

mensaxebotellanoticiaA consultora de comunicación Torres e Carreira conseguiu tres novos recoñecementos profesionais na III edición dos Premios ADECEC que anualmente convoca a asociación española de consultoras de comunicación, e que dá cita ás máis destacadas compañías do sector a nivel nacional.