Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O conxunto de Ednon Universidade Vigo R.C., venceu a C.R. Lalín por 33 a 0 logrando o pase á final da Copa Xunta.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Ednon Univeridade Vigo R.C. non tivo oposición no encontro disputado polos cuartos de final da Copa Xunta en Ourense. Nun accesible encontro, o equipo vigués impúxose con demasiada comodidade a Ourense R.C. por 97 a 3, marcando 14 ensaios. O conxunto visitante foi dono absoluto do balón e do xogo, e só cando se desorganizaba, deixaba de ingresar á zona de ensaio local.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Rematada coa permanencia a súa participación na División de Honra B, o Universidade de Vigo Ednon inicia a competición da Copa Xunta, o torneo galego que domina dende a tempada 2005/2006.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Na última xornada da División de Honra B española, o Ednon Universidade Vigo RC empatou nun entretido encontro con Barcelona Universitari (BUC) 18 a 18.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado 10 de abril o Ednon Universidade Vigo Rugby xoga o seu último partido de liga da tempada en Lagoas Marcosende (CUVI) contra El Barcelona Universitari. Despois dun inicio de tempada complicado debido a un equipo curto en canto a número de xogadores, durante o tramo final o equipo recuperou a súa identidade no xogo gañando importantes partidos que lle permitiron, a falta dunha xornada, asegurar a permanencia nunha cada vez máis competitiva División de Honra B.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Vigo Viaxou a Getxo para disputar o penúltimo partido de liga con toda a responsabilidade e o obxectivo de gañar para saír das posicións con perigo de permanencia na categoría. Con algunhas baixas (Mariano Pereira, Iván Conti lesionados, Victor Fontán non viaxou por problemas laborais, Mauro Álvarez e Alberto Campos tocados), que facían que ao partido non se chegase co equipo nas mellores condicións. De tódolos xeitos os xogadores viaxaron moi concentrados e con boas expectativas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Ednon Universidade conseguiu unha destacadísima vitoria no encontro de onte ante o líder, o Hernani CRE por 12 a 8.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana o Ednon Universidade Vigo Rugby disputará un duro encontro co líder absoluto da categoría, o Hernani CRE. O encontro xogará no campo Lagoas Marcosende do CUVI este domingo 7 de marzo no horario habitual das 11.30 h. Hernani é un equipo que este ano se reforzou moi ben e só perdeu un partido no que vai de liga.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tardou once meses e percorrido máis de 41.000 quilómetros pero finalmente, a botella coa mensaxe dos nenos do Vigo Rugby ao ex xogador dos All Blacks, Jonah Lomu chegou ao seu destino.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Xornada de vento, frío e barro no Lagoas Marcosende, onde o Ednon Universidade Vigo R.C., caeu derrotado co F.C. Barcelona por 13 a 8. Este resultado permitiulle ao equipo local obter o punto bonus, situación que lle axuda na loita pola permanencia na División de Honra B española.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A botella coa mensaxe dos nenos do Vigo Rugby ao ex xogador dos All Blacks, Jonah Lomu, está a punto de chegar ao seu destinatario. Jean Luc Barthtés, representante da IRB en África e último portador da botella, entregoulla hai unhas horas a Jean Marc Foucras, ex adestrador do Castres e amigo de Alayn Hyardet, actual adestrador do club de rugby de Marsella, o Marseille Vitrolles Rugby, equipo no que Lomu xoga na actualidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana o Ednon Universidade Vigo Rugby disputará un encontro transcendental para afrontar os últimos partidos de liga con certa tranquilidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este fin de semana disputáronse 3 partidos de equipos do Vigo Rugby Club no que só o equipo B Senior puido obter a vitoria. Desta forma mantense na metade da táboa na 5ª posición. Pola súa parte o equipo xuvenil perdeu o seu partido a domicilio contra Lalin Coretti por un marcador de 16 a 7, pero sen deixar de mencionar que este equipo ten un grande número de xogadores primeiro ano xuvenil xa que acaban de subir á categoría dende o equipo cadete.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Un EDNON UNIVERSIDADE VIGO RUGBY con moita actitude obtivo unha importante vitoria na súa visita ao País Vasco. Aos poucos minutos de comezar o partido, o equipo de Vigo situouse no campo de Durango onde logo de varias fases de ataque os locais cometeron un golpe de castigo en defensa que foi transformado por Mauro Álvarez, o que abría o marcador (0-3).
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana o Vigo Rugby Club terá a 4 dos seus equipos disputando os seus respectivos partidos de Liga. Ademais temos a actividade da Escola gratuíta de Rugby nas instalacións do CUVI para nenos e nenas maiores de 5 anos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo "B" de Vigo conseguiu un bo triunfo ante Maseda 48 a 10 no encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta do torneo da Primeira rexional Galega.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Nin o receso de fin de ano lle puido cambiar a cara ao equipo de Ednon Vigo no torneo español. Con poucos recursos, non puido superar a Éibar, equipo que non conseguira ningunha vitoria ata o momento, pola segunda data da segunda roda da división de Honra B. Con este derrota por 18 a 17, e o resultado de Durango, os dirixidos por Babini caeron á 7ª posición.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana disputaranse 2 partidos no campo do CUVI. Por un lado continúase a Liga Galega Xuvenil na que o noso equipo se enfrontará a Ferrol RC o sábado ás 16.30 h. Mentres o Ednon Universidade de División de Honra B se enfronta a Eibar o domingo 10 de xaneiro ás 11.30 h.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Jean Luc Barthés, membro da IRB e ex xogador do Castres Olympic, é o novo portador. A botella volveu dende Nova Zelandia, a onde a levara Paddy O´Brien, xa que a fichaxe de Lomu polo Vitrolles francés obrigou a facer a viaxe de volta a Europa. O ex xogador e representante da IRB en África convértese no 5º grao e únese ás vellas estrelas Ray Keane, Bruce Cook e Paddy O´Brien na cadea que conduce a Lomu. A botella dá unha volta ao mundo ao percorrer máis de 41.000 quilómetros, que é o perímetro da terra.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Na súa visita a Oviedo, caeu por 33 a 17 e deixou unha frouxa imaxe no último partido do ano. A pesar de comezar mellor que o seu rival, conseguindo os primeiros 3 puntos logo dun golpe de castigo transformado por Mauro Álvarez, non puido manter o seu xogo e rapidamente foi superado no xogo e no resultado.