Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pasado sábado, a Academia RedBlue VIGO2015 celebrou unha Xornada de Convivencia para os integrantes das súas categorías Prebenxamín e das Escolas de Babys, aproveitando a finalización das competicións. Para iso, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que puxo a disposición da Academia o Pavillón do Berbés, entre as 10 e as 14 horas celebrouse un torneo, non competitivo e sen vencedores nin vencidos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Xuvenís do Academia RedBlue VIGO2015 non superaron a eliminatoria de cuartos de final da XIII Copa de España. Tras finalizar 3-3 no tempo regulamentario, igualando un parcial de 3-0, un castigo de dobre-penalti que os árbitros sancionaron nunha contra dos vigueses a falta de 1,40 para finalizar a prórroga, que supuxo o 4-3, e a expulsión nesa xogada de Pedro condicionou o resultado final da eliminatoria.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Academia RedBlue VIGO2015, como campión do Grupo 1 de División de Honra Nacional xuvenil (composto na súa totalidade por equipos da comunidade galega), inicia o próximo sábado, a partir das 11:30 da mañá, a súa andaina na fase final de pa XIII Copa de España xuvenil.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Grande mañá a vivida o pasado domingo no Pavillón do Berbés, cunha bancada repleta de afeccionados que non se quixeron perder un partido onde os Académicos fixeron historia no fútbol sala vigués, ao ser o primeiro Club local que consegue conseguir o campionato nacional.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A Liga Nacional de Fútbol Sala na súa gala anual na Cidade do Fútbol en Las Rozas (Madrid), dentro dos galardóns aos mellores clubs e deportistas da pasada tempada 2013-2014 outorgoulle ás Escolas Deportivas Vigo2015 o Premio á Difusión e Promoción do Fútbol Sala, galardón que foi recollido polo seu presidente Francisco Fernández.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O adestrador do Santiago Futsal, Santi Valladares e o seu segundo, coordinador das categorías inferiores e adestrador de porteiros, Mon Barreiro, realizarán o mércores unhas xornadas de traballo cos equipos do Vigo 2015, froito do convenio de colaboración que une a ambos os dous clubs e que promove unha formación continua dos técnicos do club vigués por parte dos profesionais que forman o Santiago Futsal.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O porteiro xuvenil Alberto Fernández, ex xogador do E.D.Vigo2015, substituirá ao porteiro internacional Juanjo, no partido de Primeira División de fútbol sala que xogará o Santiago Futsal ante o Inter Movistar, este venres ás 21:00 h. no Multiúsos Fonte do Sar en Santiago de Compostela.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O ex porteiro do E.D. Vigo 2015, Alberto Fernández, foi convocado por Santi Valladares para o partido de a Primeira División Nacional, substituíndo o porteiro da selección español e actualmente gardameta santiagués, Juanjo. Alberto de 17 anos, aínda xuvenil é a súa segunda convocatoria esta tempada, despois de facer a pretempada co conxunto compostelano, debutou en convocatoria a primeira xornada de liga ante o Azkar Lugo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron onte aos deportistas e responsables do EDVigo2015, designado pola Federación Galega de Fútbol Sala como o mellor club de Galicia no pasado ano. Caballero eloxiou a laboura da cidade de Vigo co deporte de base, "á altura das mellores de España".
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Alberto, que se atopa facendo a pretempada co equipo compostelano a petición do mister Santi Valladares, tivo a oportunidade de debutar, con tan solo 17 anos, durante o Torneo Vila de Baiona. A pesar de ser xuvenil, convértese no primeiro porteiro vigués que debuta nun club da Primeira División Nacional. Ademais o debut veu con dobre premio, por un lado a vitoria do seu equipo por 5-2 e por outro lado a organización do Trofeo galardoouno co Trofeo MVP ao mellor xogador revelación do mesmo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois do ministage de pretempada realizado en Cabeza de Manzaneda, o meta vigués, Alberto Fernández, incorpórase ao primeiro equipo tras a lesión de Carlos Barrón.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Con solo 17 anos e sendo xuvenil aínda, o meta vigués Alberto Fernández empezou a pretempada co equipo da Primeira Division Nacional de Futbol Sala, Santiago Futsal. O xogador vigués chegou ao Santiago froito do convenio que mantén o club compostelano co E.D. Vigo 2015, club ao que ademais de Alberto se incorporaron os xogadores Samuel, e esta tempada Kike.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O xogador do E.D.Vigo2015 Kike Gómez fichou polo Santiago Futsal, equipo da Primeira Division Nacional de Fútbol Sala. É o terceiro xogador que o equipo vigués achega ao equipo compostelano. A tempada anterior foron o porteiro Alberto e o ala-pivot Samuel, que este ano continuarán na disciplina do Santiago, dentro do convenio de colaboración que manteñen ambos os dous clubs e que a parte da cesión de xogadores do equipo vigués, tamén están outros como a formación de xogadores e adestradores, campus, etc.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois de conseguir o título nacional alevín en Torrevieja (Alicante), o E.D. Vigo 2015 afrontou esta fin de semana en León o seu segundo Campionato de España de fútbol sala nesta tempada. O equipo xuvenil estaba composto por Manu e Javier como porteiros, e coma xogadores de campo: Modesto, Xoan, Tomas, Huarte, Mario, Miguel, Kike, Juan, Brais e o capitán Ángel. Como adestrador Lucas Fernández e Javi Hernández como axudante.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Vigo 2015 de fútbol sala proclamouse, a pasada fin de semana en Torrevieja, campión de España na categoría alevín. Os vigueses, que acudiron ao torneo grazas á renuncia do Parrulo ferrolano, gañaron na final por 7-2 ao Akrasala, campión da comunidade valenciana. Pola parte viguesa xogaban Dani Cervelo, Miguel Varela, Marcos Estévez, Pedro Covelo, Álex Durán, Pablo Mato, Anxo Martínez, Adrián García, Elías Montero, Daniel Lorenzo, Ignacio Rodríguez e Pablo Vázquez.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este domingo, ás 18:45 no pavillón do Berbés, o E.D. Vigo 2015 xoga contra o Azkar Lugo polo título en xogo, o equipo lucense marcha líder a solo dous puntos dos vigueses, que necesitan da vitoria para volver a liderar a Liga Autonómica Cadete de fútbol sala.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO

Laura Lorenzo (Universidade de Vigo, taekwondo), Laura Caballero (El Olivo, esgrima) e o equipo alevín Escuela Deportiva Vigo 2015 (fútbol sala) acudiron a Alcaldía para recibir a felicitación persoal do alcalde, que definiu como "magníficos" os resultados colleitados por os e as deportistas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Dende madiados de maio, e como campión de Vigo, o conxunto que dirixe Pelu foi sumando éxito tras éxito. Se na Liga local acabou invicto (unha ducia de vitorias e dous empates), logo impúxose en Redondela, na final provincial, ao Apóstol Santiago de Soutomaior e, posteriormente, gañou a final galega en Betanzos ao Barval (5-4).
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Gran actuación dos equipos do E.D. Vigo 2015 esta fin de semana na celebración do I Torneo Eon de Burela que tivo lugar os dias 1,2 e 3 de xullo nas localidades de Foz, Burela e San Cibrián, onde se deron cita as mellores canteiras nacionais do fútbol sala.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Do 26 ao 29 de xullo nas instalacións do IMD Travesas. Coa colaboración do Lobelle de Santiago e E.D. Vigo 2015, Aetravi, Diario Sport, IMD e Concellería de Deportes de Vigo.
- << Inicio
- < Anterior
- 2
- 3
- 4
- Seguinte >
- Final >>