Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana dous dos equipos das Escolas Deportivas VIGO2015 xogarán as súas respectivas finais provinciais. En categoría infantil, o equipo filial E.D.VIGO2015 "B" xogará a final ante o Colexio Cluny unha dos rivais máis potentes, o partido será no pavillón do Berbes ás 12 da mañá do sábado, o campión disputará a Fase Galega o día 23 de maio en Carballiño.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os equipos do E.D.VIGO2015 coparán esta fin de semana as fases de fútbol sala, os alevín xogasen a final este domingo ás 12 da mañá en Travesas-Frontón contra o R.C. Náutico, o campión xogará a Final Provincial que dá dereito ao Campionato Galego de Fútbol Sala.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Fútbol. Infantil -- -Finalizou 3º en Primeira Autonómica e xogará a Fase de Ascenso a Liga Galega. En alevín, vai líder empatado co Santa Marina e ascende a Primeira División. En benxamín, vai de 6 en liga e mantén a categoría que era o obxectivo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois da vitoria a domicilio este fin de semana ante o equipo do Cidade de Narón, o E.D.VIGO2015 quedou subcampión galego de fútbol sala, a pesar de perder un solo partido en toda a tempada, isto valeulle ao conxunto lucense do AZKAR para proclamarse campión galego. Gran campionato o realizado polo Vigo no seu primeiro ano na liga galega de fútbol sala, gran traballo tamén o do adestrador brasileiro Fabio e o de todos os seus rapaces onde ata o último partido de liga tiveron opcións de ser campións.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Gran partido o vivido no Pavillón do Prone de Lugo, o cal se abarrotou para presenciar lugar o choque máis esperado do campionato, ambos os dous equipos no máis alto da clasificación desta liga galega de fútbol sala.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado ás 18 horas nas Instalacións Centro Deportivo Terra de Lugo terá lugar o partido AZKAR LUGO-E.D.VIGO2015 onde ambos os dous equipos se xogan o titulo de liga, xa que a falta de 3 xornadas para o final da liga marchan empatados a puntos no máis alto da clasificación (o Azkar cun partido menos), polo que tanto para un coma para outro equipo só vale a vitoria.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Con esta victoría o equipo do VIGO2015 segue liderando a Liga Galega de fútbol sala de infantís. Nun grande partido ante o conjuto ferrolano de O Parrulo os vigueses deixaron demostrado que son un dos mellores conxuntos do campionato. O encontro celebrouse o domingo ás 12 da mañá no pavillón de A Malata.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este domingo ás 12 da mañá o E.D.VIGO2015 enfrontarase na xornada nº14 ao equipo ferrolano do O Parrulo. Nun encontro onde os vigueses chegan no máis alto da clasificación empatados a puntos co Azkar de Lugo, o cal enfrontarase esta xornada ao Casas de Lugo nun do local onde se pode dar calquera resultado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O E.D. Vigo 2015 segue lider da clasificacion despues da súa vitoria a domicilio ante o C.P.Casas de Lugo por 4-8 nun duro partido ante un rival que practica un bo fútbol Sala. Os vigueses ao descanso chegaron cunha diferenza ao seu favor de 3-5.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
No seu primeiro ano na Liga Galega de fútbol sala, o E.D.VIGO2015 está a romper todas as estadisticas, despois da vitoria por 9-1 esta fin de semana ante o Burela, un histórico do fútbol sala galego, o equipo vigués lidera a mesma, en segunda posición atopa o AZKAR LUGO, campión galego nos últimos anos.
O partido desta fin de semana xa empezou a notar a man do adestrador brasileiro Fabio Athayme que está a impoñer o seu propio estilo de xogo, e xa deu os seus froitos, a primeira parte acabou con vitoria viguesa por 4-1, ante un Burela cunha boa formulación táctica defensiva. Polo E.D.VIGO2015 xogaron Alberto Fernández, Samu, Nacho, Jandro e Huarte-cinco inicial-Kike, Adrián, Alex e Brais. O equipo contou coas baixas de Marco e Xian, lesionados. A próxima semana o equipo vigués desprazarase a Lugo para xogar contra o Casas.
Catro xogadores á selección galega
A grande tempada que está a realizar o E.D.VIGO2015 non pasa tampouco inadvertida para o seleccionador galego Iván García, que convocou a 4 xogadores para a concentración deste xoves en Santiago de cara ao Campionato de España que terá lugar en Málaga, trátase do porteiro Alberto e os xogadores de campo Samuel, Marco e Nacho.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O seleccionador galego, Ivan García, convocou a 3 xogadores do E.D.VIGO2015 para o adestramento que terá lugar mañá martes ás 16:45 horas no Pavillón de Restollal en Santiago de Compostela, de cara ao Campionato de España de Selecciones Autonómicas que este ano terá lugar en Málaga.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxou a Viana do Birlo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxa a Viana do Bolo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís, onde marcha empatado a puntos na primeira posición co AZKAR LUGO. O partido disputarase ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Viana do Birlo ante o equipo valdeorres de Barval, debido a que en elPabellon de Calabagueiros en O Barco se celebra a tradicional festa do botillo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 venceu por 7-2 ao Cidade de Narón equipo que ía 3º clasificado na liga galega de fútbol sala no partido disputado no Pavillón Central de As Travesas, debido á condensación do Pavillón de Teis. Con esta vitoria os vigueses colócanse lideres empatados a puntos co Azkar Lugo, equipo que leva un partido menos, ao termo da primeira volta.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado ás 20 horas disputarase no Pavillón Muncipal de Teis o partido entre o E.D.VIGO2015 e o Concello de Narón, segundo e terceiro clasificado na Liga Galega de fútbol sala de infantís, na penúltima xornada da primeira volta. Os vigueses queren gañar para seguir pisandole os talóns ao Azkar Lugo primeiro clasificado a 3 puntos do E.D.VIGO2015 e seguir premendo os lucenses á espera dun fallo destes.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Gran partido o realizado polo E.D.VIGO2015 ante o O Parrulo de O Ferrol en partido aprazado da Liga Galega de Infantís de fútbol sala, ante un bo rival que practica un bo fútbol sala, pero a superioridade física dos vigueses foi determinante. O mister Fabio rotou a todos os xogadores durante todo o partido debido á súa intensidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A falta dun partido para a finalización da primeira fase, o E.D.VIGO2015 é o primeiro semifinalista despois de vencer nos 2 primeiros partidos. O primeiro ao O Parrulo de O Ferrol por 3-2 e o segundo partido ao Mare Nostrum de la Coruña por 5-3 despois de empezar perdendo por 0-2. O último partido de grupo será ante o Troula que leva 0 puntos no Grupo. Haberá que esperar aos cruzamentos para ver o rival, un dos favoritos é o Azkar Lugo que lidera o primeiro grupo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Grande partido o realizado polo equipo. A primeira parte finalizou con vitoria 4-1 a pesar de que os lucenses se puxeron por diante no resultado, pero os homes de Fabio se refixeron e pouco a pouco foron aumentando a vantaxe no marcador.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
E.D.VIGO2015-AZKAR LUGO(4-6)
Gran partido o vivido no Pavillón de As Traviesas (Pista Vermella) o cal abarrotouse para presenciar lugar o choque máis esperado do campionato, E.D.VIGO2015- AZKAR LUGO, ambos os dous equipos marchaban imbatidos no máis alto da clasificación desta liga galega de fútbol sala. Os vigueses no seu primeiro ano de participación están a realizar unha inmellorable campaña contando como vitorias todos os partidos disputados. Para este partido o mister Fabio Athaymade puido contar coa totalidade do equipo xa que con respecto a ocasións anteriores recuperou a Samuel.
O encontro contou coa presenza do seleccionador galego de infantís que aproveitará para ver as evolucións de xogadores de ambos os dous equipos que confeccionan o seleccionado, 3 por parte do E.D.VIGO2015.
No plano deportivo o partido tivo dúas partes ben diferenciadas, a primeira de completo dominio do Azkar Lugo chegándose ao descanso co resultado de 1-5, na segunda parte o mister Fabio cambiou de defensa pasando dunha zona a unha defensa ao home e o dominio cambiou de bando nesta ocasión para o Vigo que finalmente pechou o marcador cun 4-6, que deixa a liga aberta para calquera dos dous conxuntos que demostraron nun grande partido que son os dous mellores equipos galegos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As mellores canteiras do fútbol sala español visitarán Lugo con motivo da celebración do VIII Torneo de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que organiza a Fundación Azkar e que se disputará do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Este ano seguen acudindo equipos da talla do Playas de Castellón, Marfil Santa Coloma, O Parrulo de Ferrol e Burela FS, entre outros, e a gran novidade será a de que o FC Barcelona con dous equipos tamén confirmou a súa asistencia.