Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tres xogadores da canteira de Halcones de béisbol, equipo adherido ao programa Siareiros elite de VIDE, foron convocados polos seleccionadores galegos Francisco Bugallo e Juan Rodríguez (xogadores e técnicos do club Halcones), para disputar o Campionato de España de béisbol senior league, de seleccións autonómicas, que se disputará en Valencia entre os dias 12 e 15 de maio.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Vitorias do Olivo e Cinco Jotas, derrotas de Octavio, Magope e Halcones. O Academia Octavio, que camiña cara ao descenso, caeu derrotado na cancha do Zumosol Palma del Río (34-24). Os vigueses xogarán este domingo en As Travesas contra o Barcelona B (12 h) xa descendidos, se o Viveros Herol BM. Nava imponse ao Ciste BM. de Pontevedra o sábado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este Sábado os Halconcitos trasladáronse ata Cambre para xogar o seu segundo partido de Liga Galega Cadete. O partido finalizaba con resultado de 18-17 favorable ao equipo de Cambre, despois de remontar unha diferenza de 7 carreiras na 4ª e ultima entrada. Os rapaces realizaron unha magnifica labor á ofensiva, esperando moi ben os strikes do lanzador para poder conectar bos batazos de hit, non obstante á defensiva non estiveron tan acertados ningún dos dous equipos, de aí o resultado final.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Táboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Importante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Halcones de Vigo continúa nas primeiras posicións, do grupo noroeste da liga nacional de béisbol, a pesar de perder ante El Llano por 15-0 a pasada fin de semana. Un conxunto de infortunios derivados da avaría dun dos coches que transportaba aos xogadores, fixo que os locais, os mais destacados en partidos anteriores, perdéronse o encontro e tiveron que moverse o resto dos xogadores en posicións que non eran as súas. Esta semana ao club vigués tócalle xornada de descanso.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo debutaron con vitoria na Primeira División da Liga Nacional de béisbol ante o Cambre, grazas ao grande labor en conxunto. Destacou a picher estrela pola parte viguesa, Maher Guevara, que co seu dominio sacou o partido adiante. Ata chegar á oitava entrada cun resultado a favor dos locáis de 7 a 5. A partir deste momento o adestrador vigués decidiu dar a oportunidade e facer debutar ao canterano Raul Bugallo nesta competición, como picher cerrador do encontro disputado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Difícil compromiso o do Celta Zorka no primeiro encontro tras o falecemento de Paco Araújo e as súas xogadoras non fallaron dedicándolle a súa gran vitoria ao seu presidente, nun encontro cheo de emotividade onde non faltou a presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes Manel Fernández. O club vigués pediu o seu aprazamento ao Badajoz pero ante a negativa deste, aproveitaron o encontro para renderlle unha merecida homenaxe a Araújo. O resultado foi de 73-54 e as celestes sumaron uns puntos que lle deron a permanencia matemática na categoría.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo obtiveron unha derrota, tras a súa visita o pasada fin de semana ao enfrontarse ao Club Druídas, onde os locais gañaron o encontro por un resultado de 16 carreiras a 2. Os vigueses desincháronse pronto e os coruñeses xa gañaban 9 a 2 na segunda entrada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo conseguiron derrotar a El Llano de Gijón, no enfrontamento que tivo lugar o pasado sábado en Vigo, en partido correspondente á novena xornada de la Primeira División. Con esta vitoria, o equipo vigues aséntase na cuarta praza con balance de cinco gañados e tres perdidos e achégase cada vez mais a lograr o obxectivo desta tempada, ser campión.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado 16 de maio, a partir das 13:00 h, os Halcones de Vigo enfrontarse ao Llano de Asturias, no Campo de As Plantas, en Bembrive. Este partido corresponde á novena xornada. O club vigués quere seguir sumando vitorias, despois de conseguir catro consecutivas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo cadete dos Halcones de Vigo, alzáronse co segundo posto do Campionato Galego de Béisbol disputado a pasada fin de semana en Lugo, contra os equipos de Os Tilos de Santiago e Lume B.C. de Lugo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Novamente o lanzador Andrés Fernández (zurdo) estivo brillante no partido disputado esta fin de semana, que permitiu coa súa grande actuación traer a vitoria a Vigo por un resultado axustado de 6 carreiras a 5. O partido comezárono perdendo os Halcones, por dúas carreiras no primeiro ining, que os pupilos vigueses non lograron igualar ata a sexta entrada, e despois fóronse arriba con dous mais en la sétimo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O lanzador Andrés Fernández estivo dominante unha vez mais no montículo e tivo a axuda da parte ofensiva os que fabricaron 1 carreira na segunda entrada, 2 na terceira, e 1 na sexta, sétima e oitava mentres os coruñeses solo puideron facer 3 carreiras. Desta forma os vigueses non tiveron problemas en gañar o partido correspondente á sexta xornada, por un resultado final de 6 carreiras a 3.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo BC impuxéronse ao Club Leones de Santiago BC por un contundente 13-4. O encontro tivo lugar en Oroso o pasado domingo. Cabe destacar a boa actuación dos xogadores Andrés Fernández, Félix Mercedes e Pedro Ozoria. A próxima xornada, a 6ª da Liga Nacional de béisbol, o club vigués recibirá ao Cambre, o encontro será o domingo 19, ás 12 h. no Campo de As Plantas (Bembrive).
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana Los Halcones de Vigo viaxan a Santiago de Compostela para enfrontarse ao equipo Leones, na quinta xornada da Liga Nacional de Béisbol 1ª División A - Grupo Noroeste, que se disputará o domingo día 12 de Abril.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A pasada fin de semana, o equipo de sofbol feminino de Los Halcones de Vigo, perdeu ambos os dous partidos da Liga Open de Sofbol. Ao mesmo tempo, o equipo cadete permanecía concentrado en Valencia disputando o Campionato Nacional de Clubs. Perdeu tres, dos seus catro encontros contra Viladecans, Astros de Valencia e Sevilla, por resultados de 11 a 1, 9 a 8, e 11 a 6.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Esta fin de semana, o equipo senior feminino de sofbol dos Halcones de Vigo, viaxa a Lugo, para disputar a terceira xornada da Liga galega open de sofbol feminino, contra os equipos de Beisbol Cambre, e Lume de Lugo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este venres 26, os Halcones de Vigo na súa categoría cadete, trasladaranse na madrugada á cidade de Valencia para disputar o Campionato de España de Béisbol de Clubes. O equipo vai con ánimo de facer un bo papel e estar entre os primeiros de España na súa categoría.