Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo sénior feminino de sofbol non puido conseguir gañar ningún encontro nos seus partidos inaugurais da pasada fin de semana. Para as rapazas do Halcones de Béisbol foi unha grande experiencia, xa que era o seu debut neste deporte. O primeiro encontro do día custoulles un pouco entrar en xogo e perdeuse por un resultado de 16 a 0 contra o equipo de Lume.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois de aprazarse a primeira xornada da Liga open de sofbol feminina, este sábado as xogadoras do Halcones de Vigo reciben aos equipos de Lume (Lugo) e Béisbol Cambre (Coruña), en horario de 12:30 e o seguinte a continuación. Dende o club vigués invítannos a asistir e apoiar aos nosos clubs galegos en pro do desenvolvemento do Sofbol na nosa comunidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Xa se deu a coñecer o calendario da liga galega open de sofbol 2014 e o equipo feminino de sofbol de Halcones debutará este sábado, 6 de setembro, nun dobre enfrontamento ante o Lume (Lugo) e Cambre (Coruña). Os partidos disputásense no Campo de O Ceao de Lugo a partir das 10:00 da mañá.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou o pasado venres un convenio de colaboración por valor de 15.000 euros co Halcones Béisbol, un "importantísmo" equipo en España. Desexoulles a mellor das sortes na máxima división na que compiten a nivel nacional "porque son o equipo punteiro nesta modalidade deportiva". O Club vigués está adherido ao programa Siareiros da Fundación Vigo en Deporte dende os seus inicios.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois dunha frutífera xornada aínda que cun clima adverso, especialmente nos inicios do segundo encontro, os Halcones mostraron o seu poderío e se alzaron coas dúas vitorias necesarias para conseguir o subcampionato da Primeira División de Béisbol Senior.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pasado sábado disputouse a 5ª Xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior, onde os Halcones de Vigo se desprazaron ata a capital para tratar de evitar que os madrileños levarán consigo o título ligueiro. A pesar do esforzo, a defensiva non se atopaba no seu mellor día para afrontar a grande ofensiva local.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pasado sábado disputouse a cuarta xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior, onde o equipo de Sevilla visitou os Halcones de Vigo. A pesar do esforzo, o equipo visitante non puido superar a grande defensiva de Los Halcones, con en especial recoñecemento, aos lanzadores de ambos os dous xogos que se mantiveron imbatibles ata o final.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pasado sábado 24 de maio levouse a cabo a terceira xornada da Primeira División de Béisbol Senior, onde o equipo CD Benamejí recibiu aos Halcones no estadio de Córdoba.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois dun partido formidable de José Cabral (Channel) tanto á defensiva coma á ofensiva, os Halcones de Vigo venceron por un marcador de 7 carreiras 2 ao equipo madrileño de Rivas CBS. Na segunda xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior, os vigueses recibiron ao equipo madrileño con gran tenacidade.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Ambos os dous partidos comezaron dunha forma espectacular, a emoción vibraba innings tras innings, un equipo poñía arriba ao marcador e axiña o outro remontaba para non quedar atrás. Non obstante, as condicións non se deron para que o Halcones de Vigo fose o vencedor, os sevillanos mostraron o seu gran nivel e impuxéronse nos dous encontros.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este sábado, ás 11 h en Sevilla, iniciase a Liga Nacional de Béisbol Senior Española. Os Halcones de Vigo disputarán os seus primeiros dous partidos contra os Red Sox de Sevilla. Despois dunha emocionante Copa Galega, os Halcones xa quentaron os motores para comezar con bo ritmo esta Liga Nacional.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo senior do Halcones de Vigo quedou subcampión da Copa de Béisbol Senior da Xunta de Galicia. Despois dun emocionante encontro o equipo de Cambre alzouse como Campión da Copa.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Despois dun vibrante encontro no campo da Coruña a pasada fin de semana, o equipo local de Cambres levou a vitoria ante o Halcones de Vigo cun marcador a favor de 9 a 7 na Copa Xunta de Galicia de béisbol. Ao comezo do partido o equipo vigués marcou 6 carreiras que lles serviron como grande colchón durante 3 innings, non obstante, o equipo local se impuxo e comezou a dominar o partido ata chegar a empatarse por 7 carreiras nas últimas entradas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Nesta cuarta xornada da Copa Xunta, os Halcones impuxéronse con marcador de 15 carreiras a 3 aos Leones de Santiago, partido aprazado fai quince días e disputado onte. Tras esta vitoria os vigueses alzan a súa motivación para o seguinte encontro que se levará a cabo a próxima fin de semana en terras coruñesas, para estar máis preto de poder xogar a final e, conseguir o título da Copa Xunta de Galicia.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo enfrontáronse o pasado domingo ao Cambres de A Coruña nun encontro tan disputado que se decidiu todo na última entrada, onde o equipo coruñés remontou no noveno inning para levarse unha vitoria sumamente disputada dende o inicio do xogo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O pasado domingo iniciouse a Copa Xunta de Galicia Senior de béisbol onde os Halcones de Vigo saíron vitoriosos do primeiro encontro disputado contra Leóns BBC en Sigueiro, Santiago de Compostela. A última fin de semana invernal trouxo consigo non só un espectacular inicio primaveral, senón tamén viño acompañado do comezo da Copa Galega de Béisbol Senior.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Emocionante torneo o disputado a pasada fin de semana polos Halcones de Vigo en Santiago. Organizado polo Club Os Tilos, a primeira edición do Torneo de Nadal infantil tivo como vencedor ao Cambre. O equipo gañador foi superior en ambos os dous partidos, as 4 carreiras do equipo vigués non abondaron para as 17 marcadas por eles, as súas vitorias foron ben merecidas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo infantil do Halcones de Vigo desprázase, este domingo 15 de decembro, a Santiago de Compostela, para participar no I Torneo Nadal de béisbol en categoría infantil, que terá lugar en San Juan de Calo, Teo, e está organizado polo Club Os Tilos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Cun bo ambiente e grande cantidade de público, levouse a cabo o pasado domingo 1, o noveno Torneo de béisbol senior "Cidade de Vigo" de béisbol. A primeira hora enfrontáronse os anfitrions, Halcones de Vigo, contra Los Leones de Santiago. Este partido foi dominado completamente polos de casa, guiados polos envíos do noso lanzador xuvenil Andrés Fernández quen actuou durante as nove entradas, o partido culminou 10 anotacións por 4 a favor de Halcones.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este domingo, día 1 de decembro, disputarase o acostumado torneo anual de béisbol Cidade de Vigo na súa novena edición, organizado polo Club de Béisbol Halcones de Vigo. Esta vez están invitados dous equipos máis o local, ditos equipos son: Leones de Santiago e Druídas BC.