Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Halcones de Vigo Béisbol Club
Halcones de Vigo Béisbol Club
Presidente:  María Isabel Villar de Dios
Oficina:  Curros, 17 36214 Vigo
Liga:  Liga Nacional de Béisbol Primera División A
Telefono:  647780006

375halconesNo día de onte celebrouse o acostumado torneo de béisbol senior "Cidade de Villagarcía" enfrontándose na final o equipo de casa Tigres de Arousa contra os Halcones de Vigo.

 

375halconesdevigo.outubro2010A pasada fin de semana levou a cabo entre sábado e domingo catro partidos, dous deles correspondentes á Copa Cidade de Vigo Infantil e dous máis correspondían a encontros de exhibición da categoría Senior.

 

halconesmanuelgarciaA pasada fin de semana, aproveitando os dous partidos de exhibición do equipo senior, a directiva convocou ao novo adestrador que se encargará do devandito equipo en División de Honor, para que observase o material humano con que se conta e así dar as opinións ao respecto e realizar as fichaxes necesarias para a vindeira tempada.

 

imagescat61vl2A próxima fin de semana, 16 de outubro Los Halcones de Vigo reciben ao equipo infantil Indians de Arteixo no torneo Infantil Cidade de Vigo.

 

halconesinfantil375O pasado sábado 11 de setembro, celebrouse o torneo infantil de Sófbol con máquina de lanzar, Copa 20 Aniversario do Cambre Béisbol e Sófbol Club, onde o equipo de Halcones de Vigo se titulou campión indiscutible de torneo ao gañar os tres encontros que lles foron asignados, de forma moi sólida.

 
374ronny-materano-en-accionCun bo ambiente e gran cantidade de público no campo das Plantas levouse a cabo o pasado domingo 8 o sétimo torneo de béisbol senior Trofeo Cidade de Vigo, que gañou o Halcones de Vigo.

 

halconesjulio2010Esta vez tocoulle ao equipo xuvenil de Vigo proclamarse campión de liga ao derrotar esta fin de semana en Coruña ao equipo de Cambre.

 

halconesmaio2010No béisbol da División de Honra, os Halcones de Vigo gañaron dous partidos super importantes ao Pamplona, para manterse en bo posto da táboa de clasificación.

 

375halconesjuniorOs Halcones de Vigo gañaron o seu último partido no campionato nacional infantil de béisbol, fronte a Pamplona con lousa de 13 anotacións por 2 en partido que dende o inicio foi dominio total dos Galegos.

 

No Campionato Nacional de Béisbol Infantil, a representación de Galicia por medio de Caixanova Halcones de Vigo, caeu nos dous encontros celebrados o día sábado 30; polo tanto perderon a posibilidade de estar en semifinais, non obstante o equipo demostrou que para gañalos hai que xogar moi ben, xa que deron a pelexa de principio a fin contra os dous equipo que se enfrontaron que ademais son os favoritos de estar na final; pero aos Galegos tocoulles a mala sorte de estar nun grupo sumamente forte.

 

halconescaixanovaEste venres 30, los Halcones de Vigo na súa categoría infantil, trasladaranse á cidade de Pamplona para disputar o Campionato de España de Béisbol.

 

Esta fin de semana, Los Halcones de Vigo viaxaron a Barcelona para enfrontar os dous partidos correspondentes á novena xornada do calendario da máxima categoría do béisbol español. Esta vez a sorte non estivo de parte dos rapaces, xa que caeron derrotados nos dous encontros.

 

O equipo de Béisbol de División de Honra de Vigo, enfrontouse ao Viladecans de Barcelona, dividindo as honras do triunfo.

 

 

halconescopaO equipo de Béisbol Halcones de Vigo na categoría infantil, xogou este fin semana a final de béisbol en Coruña contra o equipo de Cambre. O equipo de Vigo esta vez non tivo sorte e caeu derrotado con lousa de 6 anotacións por 5 nun axustado encontro de principio a fin, tal foi o axustado que ata a última entrada non se definira o gañador e campión do torneo.

 

O sábado o equipo de Halcones de Vigo logrou unha vitoria con branqueo de 3 anotacións por 0 contra Los Astros de Valencia.

 

El Llano 4 Vs Halcones 6. O partido suspendido entre El Llano de Asturias e os Halcones de Vigo levouse a cabo o 1º de Abril. Os Halcones abriron o marcador con 4 carreiras no 4º ining. A carreira gañadora foi anotada polas pernas de Trillo quen alcanzou a primeira por base por bólas, seguidamente impulsouno Morais cun imparable dobrete polo xardín esquerdo.

 


mota-3-hits-de-3-turnosO segundo xogo queda posposto para as xornadas de recuperación. No partido entre El Llano de Asturias e Halcones de Vigo, o lanzador abridor polos Halcones de Vigo foi Rafael Gomera cun excelente desempeño que inhabilitou os bates asturianos.  

 

halconeslesion-de-gomera-enHalcones de Vigo Vs Beisbol Navarra

1º partido, 11:00am. Resultado 0-5
Beisbol Navarra impúxose aos Halcones de Vigo dende a segunda entrada na que anotou as súas primeiras dúas carreiras. Por parte dos Halcones o traballo do lanzador Rafael Gomera viuse embazado por unha terrible defensiva que cometeu 5 erros que se traduciron en 4 carreiras.

 

374ronny-materano-en-accionFoi unha guerra de lanzadores que demostra o excelente nivel do beisbol español

Primeiro partido, Sábado 06/03/09 - Pamplona 1 - Halcones 3
Halcones comezaron gañando anotando a súa primeira carreira no primeiro ining, logo incrementou a diferenza nunha carreira no segundo e outra máis no terceiro.