Colaboradores

Logotipo U.B. Lavadores
U.B. Lavadores
Presidente:  Iván Pérez Souza
Oficina:  Fragoso, 84 - 4º E 36210 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  ublavadores@yahoo.es

O Cinco Jotas UB Lavadores empatou o sábado na sua cancha ante o Luceiros por 24-24. Os visitantes levaron case todo o encontro a iniciativa no marcador e o equipo vigués logrou un meritorio empate nos últimos minutos de xogo. A próxima xornada viaxarán a Redondela para enfrontarse ao S.A.R. Plastic Omnium. Será o o sábado 1 de febreiro, ás 18.30 h. no Pavillón Municipal de deportes da localidade veciña.

 

Encontro moi disputado o sábado no pavillón de Coia entre o Magope Seis do Nadal-Coia e o Cinco Jotas U.B. Lavadores  con resultado de 25-24.  Con alternativas constantes no marcador durante todo o xogo, chegaron ao descanso cun empate de 11-11.

 

Partido moi disputado entre dous equipos da zona media da táboa, Las Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores e  Vitaldent BM. Pontevedra (32-32) en Lavadores, a pesar de que o equipo vigués levou sempre a iniciativa no marcador. Os locais tiveron ao seu favor diferenzas que chegaron ata os seis goles.

 

Mal partido do Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores o xogado o sábado, no pavillón de Lavadores, onde caeron derrotados ante o Cisne por 30-33. Con marcador en contra de ata 7 goles, os de Pontevedra anotáronse a vitoria cunha maior facilidade da que esperaban.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores caeu derrotado en Coruña ante o O.A.R. por 25-21. Partido frouxo dos de Vigo sobre todo en ataque, a pesar do cal a chego ao descanso cun apertado 13-13.

 

Partido moi igualado do Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores na súa visita ao Atlético Bueu (27-34)  na primeira parte, que ata os seus instantes finais, non conseguiu o equipo vigués despegarse un pouco no marcador, 16-19 ao descanso. Na segunda parte, cun mellor axuste defensivo e máis acerto en ataque, fíxose máis doado para o equipo visitante que acabou impoñendo a súa maior calidade de equipo.

 

Grande ambiente en Lavadores para ver o derbi local, Cinco Jotas Lavadores - Granitos Ibéricos Carballal (31-27), que non defraudou a ninguén pola emoción e a grande rivalidade entre os dous equipos, que se xogou sen un solo incidente tanto na pista coma na bancada, que non parou de animar aos dous conxuntos durante todo o partido.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores venciou o sábado ao BM. Pabellón Ourense , último do grupo, nun partido con pouca historia. Tan só ao comezo os locáis puxeron algo de resistencia pero os vigueses, sen facer un gran partido, fíxeronse cunha vitoria moi doada.

 

Mal partido do Cinco Jotas ante un grande equipo, o Calvo Siria, caendo derrotado por 26-33.  Os de Lavadores en ningún momento foron por diante no marcador. Os visitantes afogaron por completo o xogo dos de casa e chegaron a ter unha vantaxe de nove goles.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores venceu o sábado, en Coruña, ao Artabro por 31-36 nun laborioso partido. Vantaxe na primeira metade para os locais. Tras o descanso os vigueses souberon reaccionar axustando a súa defensa o que foi clave para levarse os puntos.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores venceu o sábado, en Coruña, ao Artabro por 31-36 nun laborioso partido. Vantaxe na primeira metade para os locais. Tras o descanso os vigueses souberon reaccionar axustando a súa defensa o que foi clave para levarse os puntos.

 

Partido de moitos altibaixos o que se viviu no pavillón de Lavadores cun resultado de 28-27 a favor dos vigueses. Empezou moi forte o Embutidos Lalinense - BM Lalín, e ata o minuto 8 non foi capaz o Cinco Jotas UB Lavadores de poñerse por diante, chegando a alcanzar unha vantaxe de 8 goles. No minuto 22 da segunda parte con 26-20 no marcador, gran reacción do Lalin que chegou a ter balón para empatar coa ultíma posesión que a estrelou no poste.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores perdeu na cancha do imparable Mecalia At. Novás por 32-22. Partido no que o equipo de O Rosal non deu moitas opcións aos de Lavadores, grazas á superioridade do seu equipo que, xa no descanso, dominaba o encontro cun claro 18-9. Posiblemente, o Novas, non perda ningún partido esta tempada e é claro aspirante á fase de ascenso.

 

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores venceu o sábado ao S.A.R. Plástic Omnium por 26 a 20, equipo que ocupa a segunda praza na clasificación xeral, nun partido con resultado enganoso, xa que durante a primeira parte os locais foron case todo o tempo por debaixo, pero xa no segundo periodo, os vigueses souberon remontar e aproveitar o baixón físico dos rivais e plantarlle cara e levarse os puntos.

 

Terceira xornada da primeira estatal masculina de balonmán onde Las Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores viaxaba ao Morrazo para enfrontarse ao Luceros (32-26). Na primeira parte a iniciativa a levaron os vigueses pero tras o descanso o dominio correu a cargo dos de Cangas mostrándose moito más eficaces no marcador. 

 

Emocionante encontro o vivido o sábado no pavillón de Lavadores entre o Cinco Jotas UB Lavadores e o Magope Seis do Nadal - Coia. Ambos os dous equipos na Primeira Nacional Masculina de balonmán. Enfrontábanse na segunda xornada da competición. Partido apaixonante, de ti a ti, onde finalmente se repartiron os puntos (24-24).

 

O Academia Octavio venceu, o sábado, nos oitavos de final da Galicia de balonmán, ao Granitos Ibéricos SD Carballal (24-26), na súa pista, nun partido con máis dificultade da esperada. Os vigueses terán como próximo rival ao Lalín, que gañou ao Lavadores por 35-20.

 

O Academia Octavio venceu, o sábado, nos oitavos de final da Galicia de balonmán, ao Granitos Ibéricos SD Carballal (24-26), na súa pista, nun partido con máis dificultade da esperada. Os vigueses terán como próximo rival ao Lalín, que gañou ao Lavadores por 35-20.

 
magope1O Magope Seis do Nadal abriu con vitoria a súa participación na 1ª Estatal este sábado. Os vigueses derrotaron ao Cisne Grupo Pirsa por 35-24 (18-16). Mentres, o Lavadores sacou un bo empate en pista avilesina, o pavillón da Magdalena, diante do Cafés Toscaf (26-26). No pavillón de Coia, os xogadores que adestra José Ramón Muñoz, "Jota", empezaron o encontro con lixeira desvantaxe (un abaixo) ata que ao redor do minuto 20 os vigueses tomaron o mando do choque fronte ao conxunto pontevedrés.

 
ublavadores2010Las Cinco Jotas Lavadores, de Primeira Estatal de balonmán, presentouse hoxe polo serán na Fundación VIDE. Anos despois de xogar nesta categoría de bronce, volta a ela. E quere quedarse.