Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A planificación da tempada 16/17 para Celta Zorka dá os seus primeiros pasos. Ylenia Manzanares (Logroño, 1983) continuará vestindo de celeste tras o acordo alcanzado entre club e xogadora. Deste xeito, prolóngase unha relación que comezou en xaneiro deste ano cando a rioxana se incorporou ao equipo no inicio da segunda volta, alcanzando 11.1 puntos e 12.2 rebotes.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Por primeira vez na historia do club, os equipos alevín e benxamín do Academia Celta conseguiron de xeito simultáneo o título de campión galego tras a disputa das fases finais en A Estrada, durante a pasada fin de semana. Partidos de máxima tensión e competitividade mostraron o mellor das vinte e dúas xogadoras cun ambiente excelente.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Celta Feminino perdeu onte fronte ao CB Conquero (62-68) e quedou eliminado do Campionato de España júnior no terceiro e último encontro da fase de grupos. As igualdade foi a tónica de todo o partido pero a un minuto e sete segundos para o final, Conquero gañaba por un punto e as faltas persoais castigaron ás celestes, logrando as andaluzas seis puntos dende a liña de tiros libres.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitaron onte a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
As dependencias da Fundación Vigo en Deporte foron onte o escenario da presentación da nova xunta directiva do RC. Celta Bosco e que rexerá os destinos do club, tras o falecemento de Paco Araujo. Carlos Álvarez manterase na presidencia do club con Jesús López como vicepresidente. Súmanse ao grupo de traballo os directivos Manuel Fernández, Pablo Campos e Pedro Prezado, á espera dalgunha incorporación máis nas próximas datas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A falta dunha xornada para o remate da liga regular, o Celta Feminino proclamouse campión autonómico cadete tras a súa vitoria ante Cortegada (68-36). Deste xeito consegue tamén a súa clasificación directa para o Campionato de España da categoría que se disputará en Zaragoza do 22 ao 28 de maio.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Táboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Importante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Os Halcones de Vigo debutaron con vitoria na Primeira División da Liga Nacional de béisbol ante o Cambre, grazas ao grande labor en conxunto. Destacou a picher estrela pola parte viguesa, Maher Guevara, que co seu dominio sacou o partido adiante. Ata chegar á oitava entrada cun resultado a favor dos locáis de 7 a 5. A partir deste momento o adestrador vigués decidiu dar a oportunidade e facer debutar ao canterano Raul Bugallo nesta competición, como picher cerrador do encontro disputado.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tras o repentino falecemento do presidente do Celta de Baloncesto, Paco Araujo, acontecido a pasada semana, Carlos Álvarez Pácios, anterior vicepresidente, ocupará a presidencia do club de xeito transitorio e ata o final da presente tempada, sendo acompañado na xestión da entidade por Jesús López Rodríguez.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Difícil compromiso o do Celta Zorka no primeiro encontro tras o falecemento de Paco Araújo e as súas xogadoras non fallaron dedicándolle a súa gran vitoria ao seu presidente, nun encontro cheo de emotividade onde non faltou a presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes Manel Fernández. O club vigués pediu o seu aprazamento ao Badajoz pero ante a negativa deste, aproveitaron o encontro para renderlle unha merecida homenaxe a Araújo. O resultado foi de 73-54 e as celestes sumaron uns puntos que lle deron a permanencia matemática na categoría.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Loito no deporte de Vigo polo pasamento de Paco Araújo, presidente do Club Deportivo Bosco de baloncesto feminino. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, desexa manifestar a súa condolencia á familia de Araújo e aos dirixentes, cadro técnico e xogadoras do club vigués.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Importante vitoria a conseguida onte polo Academia Octavio ante o BM La Roca (28-27) nos últimos segundos do partido, que lle permite respirar un pouco máis tranquilo. Méndez, con seis tantos, foi o máximo anotador dos de Jabato que se aferran á categoría acurtando distancia para a salvación. Esta semana adiantan a súa cita liguera ao xoves, na cancha do Juanfersa Gijón.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Amfiv deixa encarrilada a súa permanencia no último cuarto en Badalona (52-57), o conxunto de César Iglesias tivo que esperar ata os dez últimos minutos para distanciarse no marcador ante un pelón Joventut e conseguir así o seu segundo triunfo a domicilio nesta Fase pola Permanencia, unha vitoria que supón un paso case decisivo para a continuidade dos vigueses na División de Honra a próxima campaña aínda que terán que confirmala nos dous encontros a disputar no Pavillón Pablo Beiro.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tras once derrotas consecutivas, o Academia Octavio venceu na pista central das Travesas ao Amenabar Zarautz (31-23), rival directo para a permanencia, nun partido onde houbo igualdade na primeira metade e superioridade viguesa na segunda. Os de Jabato achéganse á zona de salvación. Este sábado enfróntanse na cancha do Viveiros Heron BM. Nava, outro rival directo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Amfiv, Celta Zorka, Bembrive e Olivo gañan, Octavio, Las Cinco Jotas, Magope e Vigo perden e o do Blusens Networks suspéndese no descanso cando arrasaban cun resultado de 34-0, é o balance da fin de semana para os equipos Siareiros de elite nos seus encontros ligueiros.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O último partido disputado por Celta Zorka en Lugo significou un máximo rexistro anotador. Os 24 puntos de Cristina Loureiro supoñen a súa marca máis alta dende que viste a camiseta do primeiro equipo, debut producido con 17 anos na tempada 2011/2012, aínda en Liga Feminina 1. Chegada ao club en verán de 2008 con 14 anos, Loureiro completou o proceso de formación como xogadora vestida de celeste, sendo esta a súa oitava tempada en Vigo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Club Vigo Voleibol continúa coa súa boa sorte e venceu o sábado ao Playas de Médano (3-2) en Coia. Tras gañar ao Palencia a semana pasada, os de Suso Penedo e Yolanda Sienes gañaron en cinco sets. Esta fin de semana viaxarán ás Illas Baleares para enfrontarse ao CV Ca,n Ventura Palma.