Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Xuvenil de Teis
Xuvenil de Teis
Presidente:  Ruth Calvo
Oficina:  Núñez de Balboa, 12-3ºD 36208 Vigo
Liga:  Superliga 2 Feminina - Grupo A
Telefono:  635 213 721

O C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo perdeu o seu partido contra o líder do a liga FEV GH Ecay Construcciones de Pamplona. O equipo pamplonica configurado para conseguir o ascenso este ano con xogadoras de gran calidade e altura non permitiu ao equipo vigués anotarse ningún set. En todos os sets o comezo era moi igualado pero a metade de set as xogadoras do Ecay impoñían o seu potencial físico e adxudicáronse os tres sets con parciais de 15-25, 22-25 e 16-25.

 

No primeiro enfrontamento desta fin de semana, as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo conseguiron unha vitoria por 1-3 ante o Calasancias Coruña.

 

Nunhas poucas horas as xogadoras de Vigo tiveron que enfrontarse de novo a unha cancha de voleibol, esta vez en Leganés. Tras a vitoria ante o Algaida do sábado, o domingo pola mañá as xogadoras do Turismo de Vigo non foron capaces de manter o bo xogo demostrado en terras mallorquinas. O equipo saldouse cun tres a cero para as locais, con idénticos parciais de 25-19 nos tres.

 

374xuvenil2010A viaxe a Asturias do equipo do Xuvenil de Teis Turismo de Vigo só deparou unha derrota por 3 sets a cero contra o R.G.C. Covadonga. O primeiro set rematou cun parcial de 25-20, o segundo set rematou cun parcial de 25-12 e no último set foi onde as viguesas deixaron o seu marcador máis curto debido, en grande parte á arbitraxe, cun claro 25-6 para as asturianas.

 

O próximo sábado a partir das 18:15 disputarase o encontro entre o C.V. Xuvenil de Teis e C.V. Alcorcón, no pavillón de Teis.

 

O longo desprazamento por estrada das xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo ata Pamplona lles deparou unha nova derrota contra o Ecay Construcciones.

 

Grande vitoria do equipo vigués ante o equipo de Calasancias de A Coruña por tres sets a cero. O equipo que dirixe Celso Veloso demostrou ser un bloque moi compacto en defensa e en ataque, onde calquera que remataba o facía con grande eficacia.

 

374xuvenil2010No pavillón de Teis volvéronse vivir momentos de emoción e acariciouse a vitoria, pero a visita das madrileñas de Leganés saldouse cun novo 2-3.

 

374xuvenilnovembro2010O C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo caeu derrotado fronte ao Algaida Voleibol por un apertado 2-3.

 

O próximo sábado no pavillón municipal de Teis disputarase a cuarta xornada da liga FEV feminina. O partido enfrontará o equipo vigués ao Algaida Voleibol, equipo mallorquino.

 

A visita ao pavillón de Os Pajaritos das xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, deparou a súa segunda derrota por 3 sets a 0.

 

374xuvenilteis10.11Primeiro partido na casa e primeira derrota das viguesas, contra o C.V Covadonga. Podería ser un partido doado de gañar de non ser polos erros de recepción que apareceron ao longo de todo o partido.

 

374xuvenilteis10.11As viguesas conseguiron un 1-3 ante o equipo coruñes de Zalaeta. Os parciais foron 22-25, 21-25,25-21 e 18-25.

 

No partido de volta da Copa Galicia puídose ver o mellor xogo do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, ao impoñerse cun claro 3-0 ao Marineda. No de ida, as viguesas perderon por 3-1.

 

xuvenilMañá sábado a partir das 18:15 o C.V.  Xuvenil de Teis Turismo de Vigo enfrontarase ao C.V. Marineda para disputar o partido de volta da fase previa da Copa Galicia de voleibol no Pavillón de Teis.

 

xuvenilEsta fin de semana comezou a súa andaina oficial o Turismo de Vigo Xuvenil de Teis, proxecto que este ano dirixe Celso Veloso, co partido de ida da Copa Galicia contra o C.V. Marineda.

 

Na próxima tempada o equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo participará na liga FEV da Real Federación Española de Voleibol compartindo grupo cos seguintes equipos: C.V. Zalaeta (A Coruña), C.V. Marineda (A Coruña), RGC Covadonga (Asturias), C.D. Iruña Voley (Pamplona), CAEP Soria (Soria), Algaida Voleibol (Mallorca), C.U.V. Alcorcón (Madrid) e C.V. Leganés (Madrid).

 

Os dous equipos pecharon a tempada con idéntico resultado, derrota por 3-2. As rapazas desprazáronse ata Madrid para enfrontarse ao Alcorcón.

 

As rapazas do Turismo de Vigo Xuvenil de Teis non puideron o pasado sábado en Teis ante o Algaida Voleibol. A próxima xornada enfrontarase ao Alcorcón a domicilio.

 

Continuando a competición tras o parón de Semana Santa, esta fin de semana o C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo desprazouse a Madrid para enfrontarse ao C.V. Sanse onde caeu derrotado por 3-2. O partido disputouse ás 17.00 h. no pavillón da Valvanera.