Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Colaboradores

Logotipo Xuvenil de Teis
Xuvenil de Teis
Presidente:  Ruth Calvo
Oficina:  Núñez de Balboa, 12-3ºD 36208 Vigo
Liga:  Superliga 2 Feminina - Grupo A
Telefono:  635 213 721

Segunda vitoria da segunda fase do equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis na segunda fase da liga FEV. O encontro disputado ante o C.V. Alcorcón no pavillón de Teis comezou con dous sets a favor das locais, o primeiro en 15 minutos e cun marcador de 25-14 e o segundo en 25 minutos cun marcador de 25-223.

 

O campionato galego en categoría xuvenil feminina disputado esta fin de semana no pavillón de Teis deu como campión galego ao C.V. Emevé Laboratorios Nupel, aínda que este equipo xa tiña a praza para o campionato de España asegurada ao ser o organizador.

 

O equipo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo é o encargado este ano de organizar a fase final do Campionato Galego en categoría Xuvenil Feminina, as xogadoras que adestran Rodolfo lago e Susana Vázquez se enfrontarán ao longo da fin de semana contra os equipos de Monforte de Lemos, Laboratorios Nupel de Lugo e o C.V. Zalaeta de A Coruña. Os partidos disputaranse en xornada de venres tarde e domingo mañá e tarde no Pavillón de Teis.

 

Derrota das rapazas viguesas en terras baleares ante o Algaida Voleibol. O Turismo de Vigo Xuvenil de Teis continúa no último posto na táboa de clasificación. O próximo sábado reciben ao Alcorcón no pavillón de Teis.

 

Tras a traballada vitoria da última fin de semana ante o C.V. Sanse do equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo, as rapazas de Lorena Cruz desprázanse ata Mallorca para enfrontarse mañá ao C.V. Algaida a partir das 20:00 horas no pavillón Andreu Trobat da illa.

 

As xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo sumaron a súa segunda vitoria nesta segunda fase da competición FEV ante o C.V. Sanse.

 

As rapazas do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo só arrancaron un set no seu primeiro partido da segunda fase contra o equipo barcelonés de Viladecans, aínda que as sensacións foron boas.

 

O equipo feminino descansa esta fin de semana para preparar a segunda fase que lle enfrontará aos seguintes equipos:  C.V. Viladecans de Barcelona, C.V. Sanse de San Sebastián de los Reyes, C.V. Algaida de Mallorca e o C.V Alcorcón de Madrid. Comezará esta segunda fase no campo do Viladecans o 27 de febreiro.

 

Na última xornada da liga regular as rapazas de Vigo non foron capaces de seguir mostrando a súa mellor cara tras a vitoria ante Ageco Marineda da xornada anterior.

 

O equipo feminino do C.V. Xuvenil de Teis conseguiu a súa primeira vitoria na tempada 2009/2010 ante o equipo coruñés de Marineda. As de Vigo conseguiron así saír da oitava praza do grupo A. O partido rematou cun 3-1 a favor das viguesas.

 

Nova derrota das rapazas do Turismo de Vigo Xuvenil de Teis. 3-0 foi o que reflectou o marcador ao final do encontro xogado en terras asturianas ante o Grupo Gervasport. Esta semana as viguesas reciben na súa cancha ao Marineda, o sábado, no Pavillón de Teis, ás 18.15 h.

 

Esta fin de semana repítense os contrincantes, un equipo asturiano e un extemeño, pero cos equipos cambiados. As rapazas desprázanse ata Gijón para enfrontarse ao Gervasport que ocupa a terceira praza do grupo mentres que as xogadoras de Vigo ocupan a oitava. As xogadoras que adestra Lorena Cruz de forma provisional, teñen xa fixados os seus miras na segunda fase da liga.

 

Os dous equipos caeron por idéntico resultado nos seus encontros. As rapazas que recibían ao Extremadura Arroyo, non foron capaces de manter un ritmo alto de xogo e caeron por idéntico resultado 0-3, con parciais de 10-25, 14-25 e 14-25. Demostrando as extremeñas por que ocupan a segunda praza do grupo.

 

A visita do equipo de Teis a Coruña deparou outra derrota das viguesas. O partido contra Zalaeta comezou ben para as de Teis chegando a poñerse por diante 16-23, pero a falta de experiencia fixo que o set caese do lado das coruñesas por 26-24.

 

O equipo feminino desprazarase ata Coruña para enfrontarse ao C.V. Zalaeta a partir das 18:00 no polideportivo Sagrada Familia. O equipo espera subir o seu nivel de xogo tras o descanso navideño. Lorena Cruz segue ao mando do equipo mentres se recupera da súa lesión de nocello. O club segue realizando xestións para atopar un adestrador que se faga cargo do equipo.

 

Caeron derrotadas as rapazas do Turismo de Vigo Xuvenil de Teis contra o C.V. Chiclana, con resultado de 1-3 para as visitantes. Tras perder os dous primeiros sets por 19-25 e 15- 25 en le terceiro o equipo vigués reaccionou e adxudicoullo/llelo por 25-21. No cuarto set e coa vantaxe de dous sets a favor para as gaditanas solo deixaron que as de Teis chegasen a 20 puntos. O equipo séguese resentindo polas lesións de xogadoras importantes.

 

O comezo da segunda volta non deparou un resultado esperanzador para o equipo vigués. No seu desprazamento de Lugo para enfrontarse ao Emeve Laboratorios Nupel só conseguiu anotarse un set. E primeiro set anotáronllo as lucenses por 25-22, o segundo set foi para as viguesas por idéntico resultado. No terceiro ser as locais tiveron que esmerarse para adxudicarse o set por 27-25 e no último set as xogadoras de Teis deixaron marchar o set por un 25-13.

 

As xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis disputarán dous encontros esta fin de semana. O primeiro é o aprazado a semana pasada contra Marineda que se disputará o venres ás 20:30 no Pavillón do Barrio das Flores da cidade Herculina. As xogadoras afrontarán este partido coa ausencia por lesión do seu capitana Lorena Cruz que segue convalecente da súa escordadura, pero que se desprazará coas súas compañeiras ata Coruña para ver o partido. As coruñesas ocupan a oitava posición, unha por debaixo das viguesas.

 

Fevb feminina

O partido previsto para esta xornada suspendeuse pola folga nas instalacións deportivas municipales de Coruña. O partido que debía enfrontar ao equipo de Vigo contra o de Marineda, último clasificado do grupo A, pospúxose ata a próxima fin de semana.

 

O Turismo de Vigo estivo a punto de dar a sorpresa ao conseguir un resultado de 2-3 contra o Grupo Gevasport as asturianas chegaban a este encontro sen perder un solo set dende o comezo da liga. O partido presentábase mal para as galegas pola lesión no adestramento do venres da capitana Lorena Cruz, que sufriu unha escordadura no seu nocello.