Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Aprazado o encontro que debían disputar a pasada fin de semana o CV Xuvenil Teis e o Caep Soria, en terras castelás. O encontro xogarase o 29 de novembro, cando as sorianas visitarán o equipo en Teis e ao Zalaeta.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A pesar da derrota, o Xuvenil Teis sumou onte na súa cancha o primeiro punto ao caer derrotado por 2-3 fronte ao Universidade de Valladolid. Carlos Veloso contou con todas as rapazas pero foron por detrás todo o partido caendo con claridade. Esta fin de semana xogarán en Soria, no cuarto partido da tempada.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Nunha cancha sempre complicada, a do RGC Covadonga de Gijón, as rapazas do Xuvenil Teis, de superliga 2, non puideron estrear a cuadrícula de vitorias na última xornada. As asturianas foron moi superiores, levándose o seu primeiro triunfo da tempada ante as nosas en tres sets.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Xuvenil Teis caeu derrotado no recén remodelado pavillón de Teis ante o Emevé de Lugo (0-3). Encontro con clara superioridade das visitantes que pagaron a xuventude e os nervios de inicio de tempada. A próxima xornada as de Teis desprázanse a terras asturianas para enfrontarse ao RGC Covagonga.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Primeiro amigable da pretempada para o Xuvenil Teis que caeu derrotado na súa visita ao AVC de Famaliçao portugués. A pesar da derrota as viguesas fixeron un bo partido.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis organiza o Campionato Galego de categoría cadete, esta fin de semana no pavillón de Coia, posto que o pavillón de Teis, sede do club, segue en obras. O sábado en horario de mañá e tarde, e o domingo pola mañá, disputaranse os encontros que enfrontan os catro mellores equipos galegos da categoría.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O alcalde de Vigo asinou un convenio de colaboración co C.D. Xuvenil de Teis por valor de 23.000 euros. O rexedor explicou que esta é a única fonte de ingreso do clube e confía en que lle permita manter a súa presenza "con gran nivel deportivo".
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
En primeiro lugar destacar a participación de cinco xogadoras nos Campionatos de España por autonomías disputados a semana pasada en Valladolid. No equipo infantil participaron Sara e Nayeli que obtiveron a novena praza neste campionato.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A xogadora infantil, Sara Urrea, foi seleccionado entre as xogadoras españolas de menos de 16 anos para participar o próximo 27 de marzo en Soria, na concentración e partidos amigables que se desenvolverán nesta concentración. A xogadora infantil, do Secredo Galaico Xuvenil Teis, a tempada próxima será de categoría cadete e poderá formar parte das xogadoras que participen en Superliga2, para axudar ás súas compañeiras a conseguir máis triunfos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo de Teis, aínda no seu desterro de Coia, deixou un grande sabor de boca a la afección. O Secreto Galaico Xuvenil Teis plantou cara ao líder C.V. Torrelavega conseguindo un 1-3. A festa estaba servida na bancada con regalos do patrocinador Secreto Galaico e camisetas do club que as xogadoras repartiron durante o partido.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Aínda que para este encontro se desprazou Alejandra Simón Marta, para unirse ás súas compañeiras do Secreto Galaico Xuvenil Teis, no partido ante o Fisiomás Zalaeta, e foi a máxima anotadora do seu equipo, a vitoria quedou no Barrio das Flores. Conseguindo así as coruñesas un pleno de vitorias na casa.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Volverán verse as caras o Fisiomás Zalaeta e o Secreto Galaico Xuvenil Teis mañá a partir das 19:00 horas no pavillón do Barrio das Flores de A Coruña. O encontro presenta ás coruñesas como terceiras clasificadas e ás viguesas como sétimas. As xogadoras de Zalaeta seguen loitando por unha praza para o ascenso á Superliga.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O traslado a Coia trouxo unha boa noticia para as xogadoras do Secreto Galaico Xuvenil Teis, unha nova vitoria por 3-0. O partido contra Duero Proyel Rivas C. Deporte devolveu a confianza ás xogadoras de Teis. A quinta vitoria da tempada coloca as viguesas na sétima posición a falta de dous partidos para rematar a liga regular. Os partidos que restan son contra dous equipos que ocupan dos das tres primeiras prazas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A visita a Tenerife só deixou unha derrota para o Secreto Galaico Xuvenil Teis. As xogadoras do Fígaro Haris Tenerife, fixeron valer a súa segunda posición na clasificación e o factor cancha para rematar coas galegas cun 3-0 rápido. Os parciais non deixaron reaccionar ás viguesas e foron todos curtos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Loitada e merecida vitoria das xogadoras do Segredo Galaico ante o equipo de Torrejón por un axustado 3-2. A evolución no nivel de xogo faise ver en cada partido, e os froitos aparecen cunha vitoria que ao principio parecía máis doado ao empezar o partido cun 2-0 en sets cómodo para as locais.Os parciais nos dous primeiros sets 25-16 e 25-20, presaxiaban un partido rápido.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Mañá sábado da comezo a tempada 2014/15 da Superliga Feminina 2 de voleibol. O Xuvenil de Teis vai presentar ao seu novo patrocinador, Secreto Galaico, marca de produtos galegos. Desta forma, a nova denominación do equipo vigués para a competicón será Secreto Galaico Xuvenil Teis.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A Copa Galicia de voleibol feminino 2014 xa coñece ao seu campión. O pasado domingo o pavillón de Lugo acolleu a competición, que sobre as 17.00 horas abría a última xornada. A Copa estaba máis clara neste apartado, co Emevé por diante tras bater os seus contrincantes, Xuvenil de Teis e Fisiomás Zalaeta, nas concentracións previas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Volve a emoción das finais coperas, e nesta ocasión por "partida tripla", xa que ademais do campión de Copa Galicia, se decidirán esta fin de semana tamén os gañadores de la I Edición de Copa Federación e Copa Promesas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Durante a celebración da segunda xornada da Copa Galicia, o C.V Xuvenil Teis conseguiu a súa primeira vitoria ante o equipo de Fisiomás Zalaeta por 2-1, modelo deste ano da competición desenvolvido en triangulares. A vitoria das xogadora de Arlindo Miranda, novo técnico do equipo vigués, chegou no terceiro partido da xornada que se iniciaba co partido do C.V. Xuveni Teis e o Emevé de Lugo.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Durante a xornada do sábado disputouse no pavillón de Coia o Campionato Galego de voleibol da categoría cadete feminina. A esta xornada chegaron os catro primeiros clasificados da Liga Regular. Pola mañá, as semifinais resolvéronse con rápidos 3-0 de Emeve ante Calasancias e do C.V. Xuvenil Teis ante A.D. A Pinguela.