Colaboradores

- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O derby galego, entre o Emevé de Lugo e o Xuvenil de Teis, foi para as lucenses por un contundente 3-0. As locáis, que viñan de gañar a Copa da Princesa, non deron respiro ás xogadoras de Veloso. O equipo de Vigo no primeiro set tan só puido conseguir 10 puntos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O partido que enfrontaba ao VP Madrid e ao C.V. Xuvenil Teis parecía ter un claro vencedor ao ver a clasificación, as madrileñas farolillo vermello, e as viguesas décimo lugar. Pero algúns contratempos como as lesións e a imposibilidade de viaxar dalgunhas xogadoras como Rosana e Rebeca, por motivos de traballo, fixeron que o resultado fose todo o contrario, un claro 3-0 para as madrileñas.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este fin de semana as xogadoras de Celso Veloso viaxarán ata a capital de España para enfrontarse ao farolillo vermello da liga. As xogadoras do Xuvenil de Teis esperan anotarse unha nova vitoria tras o bo xogo desenvolvido no derbi galego contra Fisiomás Zalaeta.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Este fin de semana as xogadoras de Celso Veloso viaxarán ata a capital de España para enfrontarse ao farolillo vermello da liga. As xogadoras do Xuvenil de Teis esperan anotarse unha nova vitoria tras o bo xogo desenvolvido no derbi galego contra Fisiomás Zalaeta.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Xuvenil de Teis perdeu o seu derbi ante o Zalaeta herculino por 1-3. Este partido na ponte comezou cun grande despregamento de xogo das viguesas, chegando nos dous tempos técnicos con vantaxe. No primeiro 8-5 e no segundo cunha vantaxe máis ampla 16-10. Nese set as de Teis foron enlazando saques, bloqueos e remates gañadores, chegando ao final do set cun contundente 25-21.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A ponte tráenos o segundo derbi galego da primeira volta, así as xogadoras do Xuvenil Teis enfrontaranse ás 18:15 do sábado ao Fisiomás Zalaeta. Os equipos ocupan prazas moi separadas, as coruñesas a quinta praza e as viguesas a décima.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Na viaxe a Asturias as xogadoras de Veloso non puideron manter o seu bo nivel de xogo e regresan cun 3-0 en contra. Ademais do mal resultado a peor noticia é a lesión de Rebeca Hernández durante o partido, é unha lesión muscular da que ainda non se coñece o alcance real.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Tras a soada vitoria e a inclusión de dúas xogadoras entre as mellores da xornada, Lucía Pérez como mellor bloqueadora e Lorena Cruz como mellor receptora da xornada, as xogadoras do Xuvenil de Teis preparan o seguinte desprazamento a Avilés para enfrontarse ao A.D. Curtidora.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Fíxose esperar, pero despois de varios resultados 3-2 en contra e a demostración dun gran xogo por fin chegou a recompensa, a vitoria. Como titula a Real Federación Española de Voleibol "O último tumba ao líder". As xogadoras do Xuvenil de Teis liberáronse das presións e pecharon un grande partido e unha gran vitoria sobre o líder da Superliga 2 o C.V. Torrelavega (3-0).
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O sábado a partir das 20:00 horas, horario pouco habitual en Teis, o equipo de Superliga2, C.V. Xuvenil Teis, recibirá o C.V. Torrelavega que nesta xornada se atopa na primeira posición de la táboa. Tras outro 3-2 en contra as xogadoras de Celso Veloso mostrarán a súa mellor cara para conseguir algún set máis para a súa cuadrícula.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Outro quinto set xogado nesta tempada e terceira derrota por 3-2 para das rapazas do Xuvenil de Teis que esta vez enfrontáronse ao San Boi. Partido moi disputado dende o comezo. As locais conseguían os sets con máis vantaxe 25-14 no primeiro, pero logo pelexaban para ceder o set para as viguesas 23-25.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Segunda saída consecutiva das xogadoras de Teis para enfrontarse ao equipo de Sant Boi, o sábado a partir das 17:00 horas, no Poliesportiu Municipal La Parellada. Os equipos decidirán se a clasificación segue como está, Sant Boi décimo e C.V. Xuvenil Teis undécimo, ou os postos varían.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A viaxe a terras asturianas das xogadoras do C.V. Xuvenil Teis para enfrontarse ao líder da liga, RGC Covadonga, ofreceu o resultado esperado. Victoria para as locais por tres sets a cero. Pero neste enfrontamento as as viguesas foron capaces de desenvolver o seu mellor xogo, sempre dando a cara e loitando.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O próximo sábado as xogadoras do C.V. Xuvenil Teis desprázanse ata Gijón para enfrontarse ao primeiro clasificado da Superliga 2, o Real Grupo Cultural Covadonga. O partido comezará a partir das 17:00 horas no polideportivo Braulio García. O equipo vigués ocupa a penúltima praza do grupo e intentará presentar a súa mellor cara ante o líder.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O equipo de Teis recibía ao cvleganes.com con dúas baixas significativas, a de Lucía Pérez e a de Maragada Santillana. Outra vez o resultado do partido foi 2-3 en contra do C.V. Xuvneil Teis tras unha grande remontada ante o cvleganes.com. O partido que enfrontaba dous equipos que loitaban por saír do fondo da táboa de Superliga2, foi moi loitado en todo momento. Dende o primeiro set no que había varios empates no marcador aínda que a experiencia de gañar xa un partido fixo que o set fose para as madrileñas por 23-25.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
A visita a Soria do Xuvenil de Teis deparou unha nova derrota por tres sets a cero, quizais a longa viaxe propiciara o mal xogo das viguesas. O resultado contundente, sobre todo no segundo set onde as viguesas só puideron anotar 9 puntos no marcador. No primeiro set o resltado foi de 25-18 e no terceiro 25-19.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Na cuarta xornada da superliga Feminina 2 o C.V. Xuvenil Teis desprazarase ata Soria para enfrontarse ao CAEP Soria, ou o que é o mesmo, a Selección Española Junior en concentración permanente. As promesas do voleibol español recibirán, o sábado, a partir das 16:30 horas ao equipo vigués no Pavillón Municipal Los Pajaritos.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Terceiro partido da tempada para o Xuvenil de Teis que perde ante o Tenerife Santa Cruz na sua cancha por 2-3. Partido moi igualado onde as viguesas acariciaron o triunfo. A vindeira fin de semana, as de Teis, viaxaran á pista do CAEP Soria na cuarta xornada da Superliga 2 feminina de voleibol.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
Segunda xornada da superliga 2 de voleibol feminino e segunda derrota para as de Teis. O pasado sábado as rapazas do Xuvenil de Teis arrancaron un set na súa visita a Almería ante o Volley is Life pero as xogadoras de Celso Veloso perderon por 3 1.
- COM_CONTENT_ARTICLE_INFO
O Xuvenil de Teis presentou o pasado sábado, no pavillón de Teis ante a súa afección, aos equipos da presente tempada 2013/14. A continuación disputou o primeiro encontro ligueiro da Superliga 2 de voleibol feminino. Recibía ao Emevé Lugo. As viguesas venceron no primeiro parcial pero as visitantes mostraron maior xogo nos restantes. Finalmente perderon por 1-3.