Cabecera Vide

A entrega dos premios do Circuíto de Carreiras Populares 2011, este martes no Verbum

10km2010Todo está preparado. A Concellería de Deportes ten listo o programa do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, ano 2012, que se abrirá coa carreira das Lagoas-Marcosende, a 10 km Cidade Universitaria, prevista para o vindeiro día 11.

 

Hoxe, o concelleiro e presidente de VIDE, Manel Fernández, reunióuse cos organizadores das carreiras pedestres viguesas, e o próximo día 6, martes, terá lugar a gala de entrega de premios do Circuíto 2011, no museo Verbum, ás 20:00 horas.

Este Campionato de Vigo de “running”, que acada a súa cuarta edición, pode presumir de terse consolidado e agora o Concello pretende que chegue de forma máis simple a todos os corredores e corredoras, especialmente aos afeccionados, que son cada vez un maior número. O concelleiro socialista desvelou aos organizadores algunhas novidades e melloras que se realizaron no programa.

Dende o Concello recoñécese que o “boom” das carreiras populares é un excelente reclamo para o deporte saudable e por iso apóiase esta medida, que ademais reserva premios en metálico aos tres primeiros clasificados de cada categoría de idade.

O martes, como é tradicional, a gala repartirá os premios en metálico do Circuíto 2011, rematado coa Carreira do Pavo. Os deportistas que conseguiron praza no podio repartiranse máis de 7.000 euros. Dende que o circuíto se puxo en marcha en marzo de 2009, a Concellería de Deportes repartiu uns 22.000 euros en metálico.