Alberto Méndez e Laura Quintans en alevín e Jacobo Quintans e Keila Rial en cadete, líderes despois da xornada deste sábado do campionato escolar de bádminton de Vigo

badminton28.1.10O sábado 30 de xaneiro de 2010 xogouse na pista Vermella do IMD de As Travesas de Vigo a terceira proba do Campionato Escolar de Bádminton fase Zonal de Vigo. Nesta xornada só xogaron as categorías Alevín e Cadete que reuniron 60 xogadores das entidades participantes de Vigo: IES Cotobade, CB Rachaplumas, EMD de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax e IES de Teis.

A competición estivo organizada polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, o Club Bádminton Rachaplumas, a Agrupación Deportiva Vigo, o IMD de As Travesas e a Concellaría de Deportes do Concello de Vigo.

Despois desta xornada empezan a afianzarse primeiras prazas. Esta é a clasificación despois da xornada:
Categoría Alevin Masculino:
1. - Alberto Méndez - CB Rachaplumas 12 puntos
2. - David Torres - EDM Vigo  10 puntos
3. - Noel Villar - Martín Codax  10 puntos
4. - Javier Tey - Martín Codax    9 puntos

Categoría Alevin Feminino:
1. - Laura Quintans - Martin Codax 13 puntos
2. - Paula Tablado - Carmelitas    9 puntos
3. - Catalina Pernas - Carmelitas    9 puntos
4. - Sara Lameiro - Martin Codax    8 puntos

Categoría Cadete Masculino:
1. - Jacobo Quintans - Martín Codax 12 puntos
2. - Germán Sánchez - CB Rachaplumas 12 puntos
3. - Jorge Enrique Arizaca - IES Teis 10 puntos
4. - Raúl Gullón - Martín Codax  10 puntos

Categoría Cadete Feminino:
1. - Keila Rial - EDM Vigo  11 puntos
2. - Lucia Díaz - IES Teis  10 puntos
3. - Lara Solla - IES Teis     8 puntos
4. - Natalia Castro - IES Teis    8 puntos

A próxima xornada será o próximo sábado 6 de febreiro de 2010 de 09:30 a 12:00 H. para as categorías Benjamín e Infantil.