Cabecera Vide

O Pilotes Posada xogará este sábado no Multiusos de Navia diante do Almoradí, pechacancelas da Liga

nuevonaviaO Pilotes Posada será o segundo equipo "grande" en utilizar o pavillón multiusos de Navia, inaugurado en novembro pasado.

Logo dos dous partidos de Liga Feminina coa vitoria do Celta Indepo de baloncesto no novo polideportivo municipal, agora é a quenda para o Octavio.

De feito, este sábado medirase o conxunto que adestra Quique Domínguez ao H.V. Ingenieros Almoradí ás 18:00 horas na nova pista. O Pilotes, que na súa traxectoria histórica xa xogou nas Travesas, O Berbés, Coia e ata en Teis, probará agora unha cancha na que se disputará boa parte da Minicopa Asobal cadete en abril.

O motivo de deixar o Pavillón Central por unha xornada non é outro que a disputa dun Campionato de Galicia de grupos de show (patinaxe artística) nas Travesas o sábado.

O Almoradí é o pechacancelas da División de Honra Prata e os académicos, colíderes do campionato.