Tablas en Lugo para o Vigo 2015

Gran partido o vivido no Pavillón do Prone de Lugo, o cal se abarrotou para presenciar lugar o choque máis esperado do campionato, ambos os dous equipos no máis alto da clasificación desta liga galega de fútbol sala.

Os vigueses no seu primeiro ano de participación están a realizar unha inmellorable campaña. Para este partido o mister Fabio Athaymade non puido contar coa totalidade do equipo, xa que Samuel afectado por fortes dores de costas soamente puido aguantar os 5 primeiros minutos de xogo.

O encontro contou coa presenza do seleccionador galego de infantís que aproveitará para ver as evolucións de xogadores de ambos os dous equipos que confeccíonan o seleccionado, 3 por parte do E.D.VIGO2015.

No plano deportivo o partido tivo dúas partes ben diferenciadas, a primeira de completo dominio do Azkar Lugo, grazas á destacada actuación do meta vigués Alberto non se chegou ao descanso cunha ampla vitoria dos lucenses, chegouse ao descanso co resultado de 0-0, na segunda parte o mister mellorou en ataque o equipo vigués aínda que a defensa do Azkar impediu calquera incursión o area. A falta de 8 minutos adiantouse o Azkar e a falta de 4 empataron os vigueses os últimos 10 minutos foi un toma e daca por parte dos dous conxuntos. Agora os dous equipos seguen empatados no máis alto da clasificación aínda que o golaverage particular favorece os lucenses.

AZKAR LUGO-E.D.VIGO2015(1-1)