Visita do equipo feminino de baloncesto Celta Indepo

374celtavisitacitroenO equipo feminino de baloncesto Celta Indepo visitou esta semana o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën acompañado do corpo técnico e directivos do conxunto vigués.

As deportistas asistiron a unha presentación en sala na que o Director do Centro, Pierre Ianni, lles explicou o desenvolvemento da actividade produtiva da planta e, posteriormente, realizaron un percorrido polos principais talleres.