Bo resultado do San Ignacio no Campionato Galego de loita olímpica

374sanignaciofebreiro2011O pasado sábado tivo lugar en Baiona o Campionato Galego escolar e junior 2011 de loita olímpica. En xornada de mañá foron tres tapices para competir destacando no Club de Loita San Ignacio os dous loitadores escolares que foron campións nas súas categorías, Iván, en 38 kg e Ibrahim en 73 kg, gañando a súa praza para estrearse nos campionatos de España escolares que se disputarán en Granada o 26 de marzo.

En canto a rapazas en junior hoxe en día, non hai rival sendo todas campioas e unha segunda formando a selección galega junior que viaxará a Granada, onde tamén se disputará cos Campionatos de España escolares.

En junior cumpriron Cristian e Brais, pero a falta de loitadores non se puido alcanzar o podium.

Resultados (119.53 kB)