Rematou Vigo en Xogo co Torneo de Campións e a entrega de premios, co concelleiro de Deportes

enxogo1Este sábado concluíu a tempada oficial de competicións en Vigo en Xogo, os torneos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto do deporte recreativo non federado local que organiza a Agrupación Deportiva Vigo.

Dez equipos en fútbol 7, sete conxuntos en fútbol sala e tres en baloncesto disputaron a fin de semana o tradicional Torneo de Campións.

Cada ano, o torneo reúen ao mellor de cada liga unha vez rematada a fase regular e enfróntaos entre si para dar a coñecer o campión de campións da tempada en curso.

Por eliminación directa no sorteo de cadros, as pistas do Central e Vermella e o campo do IMD, todo nas Travesas, enchéronse de xogadores das tres modalidades nunha xornada que ofreceu ata dezaoito encontros dende as dez de mañá ás sete do serán, cando se procedeu no Central das Travesas á entrega de premios polo torneo e pola competición regular.

Arrancapinos Brétema en fútbol 7, Matamá Vell Arte en fútbol sala e Loft La Amenaza en baloncesto foron os vencedores absolutos da tempada 2011/2012.

Á entrega de trofeos acudiu o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acompañado polo presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas, e Pablo Tojeiro, representante de Fusionize, firma distribuidora de Umbro, a marca dos balóns oficiais da tempada 11/12 de Vigo en Xogo en fútbol 7 e fútbol sala.

Torneo de campións fútbol 7 (27.95 kB)

Torneo de campións fútbol sala (26.73 kB)

Torneo de campións baloncesto (57.17 kB)

Cadro de honra fútbol 7 2011-2012 (66.86 kB)

Cadro de honra fútbol sala 2011-2012 (55.94 kB)

Cadro de honra baloncesto 2011-2012 (286.59 kB)