Cabecera Vide

A final da Copa Vigo de fútbol afeccionado, en Balaídos o sábado 23

fgfabelA final da Copa Vigo de fútbol afeccionado disputarase o sábado 23 de xuño, día de San Xoán, no estadio municipal de Balaídos, segundo acordo entre a delegación viguesa da Federación Galega de Fútbol, e o Real Club Celta, que aceptou a petición.

Inicialmente barallouse este sábado 16, pero ao final a delegación que dirixe Enrique González estimou máis conveniente levala á semana seguinte.

O partido disputarase ás 18:00 horas, e a finalísima, do mesmo xeito que os cruces anteriores, dirimirase en noventa minutos e, en caso de empate, na quenda de penaltis.

As semifinais tamén teñen horario fixado. A primeira dispútase este xoves (21:30 horas) en Monte da Mina entre Racing Castrelos e La Guía. A outra xogarase o domingo 17 ás 17:30 horas na Bouza; o Victoria, defensor do título, recibe ao San Esteban.

Monte da Mina verá un enfrontamento que se repite da Liga, cun 3-1 para o conxunto de Castrelos nese mesmo escenario en xaneiro; a outra semifinal non se deu na competición ligueira por ser rivais de distinta categoría. No que vai de século, o Castrelos xa se meteu en tres finais da Copa Vigo, fronte a dúas do San Esteban e unha do Victoria; La Guía é novato.

Cadro_actualizado da Copa_Vigo_2012 (71.14 kB)