O Xuvenil desprázase a Soria

Na cuarta xornada da superliga Feminina 2 o C.V. Xuvenil Teis desprazarase ata Soria para enfrontarse ao CAEP Soria, ou o que é o mesmo, a Selección Española Junior en concentración permanente. As promesas do voleibol español recibirán, o sábado, a partir das 16:30 horas ao equipo vigués no Pavillón Municipal Los Pajaritos.

O equipo soriano ten dúas vitorias no seu haber e na última xornada, enfrontouse ao equipo que ocupa a primeira praza o RGC Covadonga, sufrindo unha derrota por 3-0 en terras asturianas. O equipo de Teis vén de xogar un dos seus mellores partidos, aínda que o seu esforzo non foi suficiente e só conseguiron un 2-3 fronte a Tenerife Santa Cruz.

Celso Veloso, está pendente da evolución da lesión de Maragda Santillana que lle impediu xogar na xornada anterior.