O Celta Caixanova, na fase final do Campionato de España junior de baloncesto feminino

caixajrO Campionato de España Junior Feminino celébrase dende este martes 18 de maio en Mieres (Asturias), con representación viguesa.

Os doce equipos clasificados nos intersectores interautonómicos repártense en catro grupos no que os dous primeiros equipos meteranse en cuartos de final desta trixésima edición do torneo estatal.

A fase concluirá o día 23 e o Celta Caixanova, que participa por terceira vez nos últimos catro anos, debutará contra o Donosti de San Sebastián, campión vasco, ás 12:00 horas.

As de Miguel Méndez, que se levou aos seus internacionais de categorías base (Leyre Carrascosa, Marina Delgado, María G. Centeno, Rebeca Navarro e Marta Canella), comezan contra un rival con xogadoras interiores altas e que no intersector tombou ao subcampión catalán e tamén ao terceiro clasificado de Cataluña.

historial campionato (30.2 kB)