O adestrador vigués Alejandro López, insignia de ouro da Federación Galega de Balonmán

jandroAlejandro López terá un agarimoso recoñecemento público da Federación Galega de Balonmán pola súa espectacular traxectoria no balonmán.

A FGB anunciou hoxe no decurso dunha rolda de prensa que aproveitará os partidos internacionais amigables da selección galega senior masculina diante da Gran Bretaña (21 ao 23 deste mes en Vigo, Cangas e Camariñas), e de forma moi especial o de Cangas 22 de maio, O Gatañal), para facerlle unha merecida homenaxe a Alejandro López, figura do balonmán galego tanto a nivel de xogadores, como de adestrador e incluso de asesor.

O vigués recibirá a insignia de ouro da Federación Galega de Balonmán (FGB). Alejandro López adestrou na elite ao Pilotes Posada (ao que ascendeu) e ao equipo cangués Frigoríficos do Morrazo ademais de dirixir tamén na Asobal ao Almería. Agora o preparador é tamén parte do corpo técnico da selección galega. No pasado febreiro, o Frigoríficos do Morrazo fíxolle unha homenaxe durante o derbi da Ría, o choque entre o "Frigo" e o Pilotes Posada vigués.