Cabecera Vide

O barrio de Navia xoga ao baloncesto co Seis do Nadal-Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa colaboración da Sociedade Deportiva de Navia, e contando co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, organizou o pasado sábado 3 de outubro do 2009 unha Xornada de Promoción do Baloncesto en Navia "Básquet na Rúa".

promociondobaloncestoennavi

Esta nova actividade fomentada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa finalidade de achegar o baloncesto ao barrio de Navia tivo lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas na Praza situada detrás do Papo´s na rúa As Teixugueiras. Nesta xornada de "Baloncesto na Rúa" no barrio de Navia participaron ao redor dun centenar de rapaces e rapazas que puideron achegarse ao baloncesto realizando xogos e partidos amigables. Ademais dos xogadores e xogadoras de Minibásquet do Club Baloncesto Seis do Nadal tamén participaron nesta xornada de promoción do baloncesto na rúa un elevado número de alumnos e alumnas do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, veciños e veciñas de Navia, e un gran número de familiares e amigos interesados nesta actividade.

O Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, D. Xabier Alonso, tamén visitou e acompañou ao Club Baloncesto Seis do Nadal nesta xornada, comprobando como tódolos rapaces e rapazas que participaban na mesma disfrutaban co deporte da canastra.

promociondobaloncestoennavia01