Cabecera Vide

Éxito do Club Vigo Squash

Os días 9 e 10 de Ocubre tivo lugar nas Instalacións do Squash Club Santiago (Milladoiro-Ames) o Campionato Galego Absoluto de Squash 2009. No torneo masculino, Hugo Varela (Club Vigo Squash) derrotou na final por 3-0 (11-6, 11-7 e 11-4) ao veterano xogador do Squash Santiago Jesús Souto. No partido pola medalla de bronce, o compostelano Alex Freire superou o seu compañeiro de equipo, Pascal Gómez, por 3-0.

Na competición feminina venceu Xisela Aranda (Club Vigo Squash), que superou por un contundente 3-0 a Ana Arosa (11-2, 11-3 e 11-6), en 25 minutos. Dorleta López, do Squash Santiago, foi terceira ao superar a Sara Esperón, por 3-1.
Na parte baixa do cadro masculino, Hugo Varela desfíxose do santiagués Alex Freire, por 3-0, en semifinais. Con anterioridade, o ponteves superou o compostelano Pablo Rodríguez, 3-0, en cuartos, e a Anxo Fariña, 3-0, en oitavos.

Na categoría feminina, Xisela Aranda arribou á grande final tras vencer en semifinais a Sara Esperón, por un claro 3-0, e en cuartos de final desfíxose de Iria Rodríguez. Pola súa banda, Ana Arosa superou en semifinais a Dorleta Lopez, xogadora do Squash Santiago. En cuartos dobregou a Piar Domínguez e en oitavos desfíxose da compostelana Laura Valencia.

Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina) e para os dous primeiros de consolación. Os dous campións galegos recibiron un premio en metálico de 250 euros. Os subcampions percibiron 150. Houbo premios en metálico para os oito primeiros de cada categoría.