Cabecera Vide

I campionato de natación escolar do Val Miñor 2011

natacionvalminorO próximo domingo día 27 de febreiro nas instalacións deportivas da Piscina Mancomunada do Val Miñor dá Ramallosa, celebrarase a primeira edición do Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2011, evento que se agrupa dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

O Campionato é valido e clasificatorio para o provincial escolar da devandita modalidade clasificándose para este os mellores de cada categoría. A proba é un grande noticía para o Val miñor xa que é a primeira que se organiza de natación na piscina mancomunada.

As categorías participantes son: benxamín (nacidos anos 02-01) e alevín (nacidos anos 00-99) nas modalidades de masculino e feminino.

Para participar, o único requisito esixido é o de inscribirse antes do día 24 de febreiro no pavillón de deportes municipal ou chamando ao teléfono 986.356.558 en horario de oficina de mañá ou tarde.

A organización ademais, entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar da marca area que patrocina o evento.

Para maior información dirixirse ao Pavillón de deportes municipal de Baiona ou chamando ao Tlf 986.356.558, tamén se dispón de email:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..