O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou o pasado venres día 2 de outubro o CEIP Illas Cíes en Coia neste novo curso escolar 2009/2010

O motivo da visita foi presentar a tódolos alumnos e alumnas de Educación Primaria a Escola Deportiva de Baloncesto que se desenvolverá nas instalacións do centro tódolos xoves de 16:00 a 17:30 horas.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado nesta visita por Sergio González, Director Deportivo e adestrador da entidade, e unha represetanción de xogadores do conxunto Sénior Masculino Autonómico, acompañaron aos alumnos e alumnas do centro educativo no tempo de recreo realizando exercicios e xogos de baloncesto como introducción á Escola Deportiva que comezará próximo xoves 8 de outubro.