Gran éxito e acollida do clínic do Baloncesto Seis do Nadal-Coia

374clinic2011_oscarlata05A pasada xornada do sábado 3 de setembro do 2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizaou o II Clínic de Baloncesto 2011, iniciativa dirixida e aberta a tódolos técnicos e adestradores interesados en asistir. En total, preto de 50 adestradores participaron nas ponencias prácticas celebradas no Colexio Celso Emilio Ferreiro en Coia.

Carlos Maceiras foi o primeiro dos ponentes do II Clínic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Carlos Maceiras, Adestrador Superior que milita actualmente no Eduardo Blanco Amor de Ourense e que tamén adestrou, entre outros, nos equipos Marín Peixegalego e Celso Míguez de Pontevedra; dirixiu a primeira ponencia do clínic que versou sobre "A transición ofensiva desde o traballo de técnica individual".

Coa colaboración de xogadores de categoría júnior masculina do club "seisnadalista", Carlos Maceiras explicou de forma práctica un exemplo de progresión de traballo da transición ofensiva desde os fundamentos individuais dos xogadores e desde os aspectos máis básicos e que él mesmo considera fundamentais.

Oscar Lata, Adestrador Superior de baloncesto que estivo integrado recentemente na canteira do Joventut de Badalona realizando traballos de tecnificación e seguimento xunto a Sito Alonso e Jordi Martí, e que xa viviu as súas experiencias no baloncesto nacional profesional e incluso tamén no baloncesto internacional na Primeira División de México; foi o encargado de levar a cabo a segunda ponencia da mañá baixo o título "A técnica individual no ataque por espazos".

Contando cun grupo de xogadores da entidade, Óscar Lata explicou e resaltou os aspectos que así considera máis importantes no traballo da técnica individual no ataque por espazos. Cunha ampla e variada batería de exercicios tódolos asistentes á formación puideron descubriru unha forma de mellorar os fundamentos individuais ofensivos dun equipo de baloncesto.
 
A primeira das ponencias da tarde correu a cargo novamente de Óscar Lata e centrouse, nesta ocasión, no "Traballao de técnica individual no Joventut de Badalona". Aproveitando a súa experiencia no Joventut, Óscar Lata explicou a tódolos alí presentes a estrutura interna da entidade catalá así como o traballo de tecnificación que se leva a cabo.

Algúns dos exercicios que Óscar Lata e os seus axudantes aplicaban no traballo de tecnificaicón cos xogadores cataláns, foron levados á pista do Celso Emilio Ferreiro cun grupo de xogadores de categoría cadete do Seis do Nadal.

A última das charlas formativas versou sobre a preparación física, máis concretamente sobre as "Novas tendencias na aceleración e desaceleración dos deportistas". Pablo Sánchez, Licenciado en INEF e Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde a tempada 2008/2009, foi o encargado de levar á práctica os contidos da ponencia.

Pablo Sánchez explicou na súa acción formativa práctica, coa colaboración dun grupo de xogadoras de categoría ifantil, as novas tendencias na aceleración e desaceleración, e a acción positiva do seu traballo directo nos fundamentos individuais do deporte da canastra, tanto ofensivos como defensivos..

Un ano máis o clínic de baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia converteuse nun éxito no que, nesta edición, participaron preto de 50 asistentes procedentes da cidade de Vigo, da comunidad galega e, incluso, das vilas próximas do Principiado de Asturias.