A desgraza cebouse co Olivo ante o Lagunak (3-1)

olivo_10.11_4O partido comezou coa intención do Olivo de ter o balón e do Lagunak deixándollo ter. A navarras optaron por defender ben xuntas repregadas e saíndo á contra con balóns longos ás costas da defensa rival. A primeira ocasión clara do partido foi un córner onde a porteiro olívica saca un balón da cabeza da rematodara do Lagunak. Minutos máis tarde Ani, a porteira do Olivo, quéixase dunha das súas pernas tendo que ser atendidas no campo e ser substituída posteriormente por Meli, a segunda porteira.

Despois deste cambio nun balón dividido entre defensa e porteira, Dessi sen querer introduce o balón na portería despois dun mal entendemento coa súa compañeira. A partir de aquí o Lagunak foise máis atrás e o Olivo intento reaccionar, case máis con corazón que creando situacións claras de gol, rematado así a primeira metade.

Tras o descanso o Olivo sae coa idea de darlle a volta ao partido, é tanto así que na primeira situación clara de partido o Olivo consegue igualar as táboas a partir da súa dianteira Lombi, despois dun bo centro de Clo. Parecía que o Olivo reaccionara, pero nada máis lonxe da realidade, este gol supuxo que le Lagunak reaccionará e buscase con máis verticalidade a portería defendida por Meli. Nun destes balóns, sacado dende a esquina, a defensa olívica non é capaz de despexar un balón que merodeo a área pequena e aprovéitoo no segundo pau a dianteira do equipo navarra (Eunate), poñendo o resultado 2-1. O Olivo intentou reaccionar, pero noutro balón colgado á área o Lagunak poñía o 3-1 (Arguiñe) que se mantería ata o final. As rapazas olívicas intentárono conseguindo ocasións de gol, que ao final non puideron materializarse rematando o partido con ese resultado.

Aliñacións:
3. Lagunak: María Goñi, Miriam, M.Dominguez, (Susana) Maite, Josune, Rakel, Sara, Julia, Eunate, Arguiñe (Riesco), Cotelo (Nekane).
1. El Olivo: Anny (Meli), Alba (Joana), Cuchi, Sara, Buceta (Camisón), Tui, Clo, Loreto (Pichel), Karen, Desi e Lombi.
Incidencias: a xogadora nº12 do Lagunak, Susana, foi expulsada no minuto 84 por dobre amarela.
Goles: 1-0, Desi (propia meta). 1-1, Lombi. 2-1, Eunate. 3-1, Arguiñe.
Árbitro: Iosu Galech, do comité navarro.