Convenio para o uso de balde de instalacións deportivas municipais polos institutos públicos

convenioimdUn convenio regula dende este mércores día 23 a colaboración entre cinco institutos públicos da cidade e o IMD para que 1.500 estudantes poidan usar as instalacións deportivas públicas de xeito gratuíto.

Caballero reseñou o empeño do goberno municipal "na liña de cooperar cos centros públicos", polo que será o Concello o que asuma os máis de 22.000 euros que supón o uso destas instalacións.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este mércores cos responsables de cinco institutos públicos da cidade un convenio de colaboración para regular o uso, sen coste, das instalacións do IMD. Moitos centros educativos da cidade non dispoñen de espazo suficiente para o desenvolvemento das dúas clases de educación física, polo que o IMD lles cede a súas intalacións de xeito gratuito xa que así o permiten as ordenanzas de prezos públicos vixentes.

O rexedor, quen amosou "o seu empeño en seguir a liña de cooperación cos centros de ensino públicos", anunciou que é o Concello o que asume os máis de 22.000 euros que suporá o uso deses centros deportivos e dos que se beneficiarán máis de 1.500 alumnos.

Os centros que se suman a esta iniciativa son: Colexio Altamar, IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Santa Irene, IES A Guía, e IES Teis e as instalacións que disfrutarán son as seguintes: Frontón municipal, Pista Vermella, Pavillón do Carmen, pavillón de Teis e piscina municipal de Teis.