Rudovic e Masachs, do Pilotes Posada, no Top Ten de goleadores da Liga Asobal

pilotesaplausojugadoresUnha vez disputadas oito xornadas da Liga Asobal, o Pilotes Posada ten a dous dos seus xogadores entre os dez primeiros na táboa de goleadores do campionato. Novica Rudovic (1,98 metros, 27 anos) e Josep Masachs (1,75 metros, 26 anos) demostraron en apenas o primeiro cuarto da competición da regularidade que son os definidores no conxunto que adestra Quique Domínguez.

A 2 goles do “pichichi” Pavel Baskin, Rudovic leva unha media de 7 tantos por partido, fronte aos 6 que promedia Masachs. Domínguez sabe que, no seu primeiro ano como “rojillos”, montenegrino e catalán xa son dous seguros a todo risco. O balcánico, tras unha rocambolesca lea do club co seu axente, asinou por dúas tempadas coa entidade que preside Javier Rodríguez, mentres que o extremo dereito viño este verán cedido un ano polo San Antonio de Pamplona.

En Vigo e en dous meses de competición, Novica e Josep convertéronse nos mellores goleadores do sete inicial vigués. Rudovic, á sombra do polaco Jurkiewicz en Eibar as dúas campañas que pasou no País Vasco, móvese nesta Liga por números ata mellores que nos seus máis exitosas tempadas. No Osijek croata (de 2005 a 2007) asinou 185 tantos no seu segundo ano. Agora o seu brazo armado esnaquiza porterías a un ritmo moi superior. As súas estatísticas están a ser fantásticas: 25/43 lanzamentos de 9 metros, 8/14 desde os 6 metros, 3/6 contraataques e 18/24 penaltis (7 metros). Na súa terceira tempada na Asobal, parece que o de “á terceira vai…” funciona.

Rudovic, que este luns cumpriu 27 anos, atópase nun momento doce de forma. Do mesmo xeito que un ex académico, o serbio Dalibor Cutura. O central militou no Pilotes a tempada 2001/2002 e foi compañeiro de Rudovic no Arrate.

Masachs tamén chegou a Vigo en busca dunha titularidade que no Reyno de Navarra parecía moi complicada. De Logroño a Cidade Real e desta a Pamplona, para acabar en Vigo. O catalán soubo aproveitar a oportunidade e é o segundo mellor realizador español do torneo, só superado por Malmagro.

Con estas vimbias, o Pilotes quere facer un cesto que dure na chamada mellor liga do mundo. E, de paso, aspirar ao trofeo de máximo goleador, que xa levantou as tempadas 94/95 (Zoran Mikulic, 262 goles) e 95/96 (Oleg Lvov, 229). 

Nome

Equipo

Posición

Goles

Media

País

Pavel Baskin

Naturhouse

Extr. Dereito

58

7,25

Rusia

Novica Rudovic

Pilotes Posada

Lat. esquerdo

56

7

Montenegro

Cristian Malmagro

San Antonio

Lat. dereito

55

6,875

España

Martin Stranovsky

Ademar León

Extr. esquerdo

50

6,25

Eslovaquia

Davor Cutura

Fraikin Granollers

Lat. esquerdo

48

6

Serbia

Josep Masachs

Pilotes Posada

Extr. Dereito

48

6

España

Havard Tvedten

Pevafersa Valladolid

Extr. esquerdo

43

5,375

Noruega

Dalibor Cutura

Arrate

Central

41

5,125

Serbia

Szabolcs Toro

Arrate

Extr. esquerdo

40

5

Hungría

Isaías Guardiola

Naturhouse

Lat. dereito

39

4,875

España