O Club Bádminton As Neves líder da liga nacional de bádminton - primeira división despóis das catro vitorias en cataluña

ssl14935O sábado día 19 e domingo 20 de decembro disputouse no Pavillón Can Noguera de La Garriga (Barcelona) a terceira xornada da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División con participación do club galego Club Bádminton As Neves.

O CB As Neves despois dunha fin de semana exitosa se aupa o primeiro lugar da clasificación coas catro vitorias da xornada e mostra as súas credenciais a ascender a División de Honra a falta dunha última xornada en Valladolid o próximo 23 e 24 de xaneiro de 2010 que deberá ser de tramite.

O CB As Neves estivo composto por Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Angela Soto, Andrea Fernández, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez e Ana Durán.

Estes foron os resultados da fin de semana para o CB As Neves:
Sábado
12:30 h. CB As Neves - CB Benalmadena "B" 5 - 2
17:00 h. CB As Neves - CB Mahón  4 - 3
Domingo
09:00 h. CB As Neves - CB Leganés  6 - 1
12:30 h. CB As Neves - CB Arjonilla  5 - 2
Despois desta xornada a clasificación de primeira nacional é a seguinte:
1. - CB As Neves   con 30 puntos
2. - CB Soderinsa Rinconada "B" con 30 puntos
3. - CB IES a Orde "B" - Huelva con 27 puntos.
4. - CB Mahón   con 24 puntos.
5. - Club Universitario Donosita con 24 puntos
6. - CB Estella   con 24 puntos
7. - CB Benalmadena "B"  con 21 puntos
8. - CB Viraventos "B" - Granada con 21 puntos
9. - CB Arjonilla   con 18 puntos
10. - CB Casablanca - Cádiz con 15 puntos.
11. - CB Adra   con 14 puntos
12. - Universidade de Valladolid con 12 puntos
13. - CB Triana   con 6 puntos
14. - CB Albacete   con 5 puntos
15. - CESIB La Garriga  con 3 puntos.
16. - CB Leganés   con 0 puntos

Próxima e última xornada da fase regular o 23 e 24 de xaneiro en Valladolid.

Toda a información pode atopar na páxina Web www.todostorneos.es