Alexander, terceira amazona en gañar en Vigo a Copa do Mundo

edwinaEdwina Alexander converteuse este sábado na terceira muller que se impón na proba viguesa da Copa do Mundo e, por suposto, primeira amazona das Antípodas. O trazado deseñado por Avelino Rodríguez, trece obstáculos e dezaseis esforzos, levou a once conxuntos ao desempate ao rematar sen falta o percorrido previo.

A maioría dos conxuntos con opcións ao triunfo non fallaron no primeiro percorrido, casos de Steve Guerdat e “Jalisca Solier”, Harrie Smolders e “Exquis Oliver Q”, Beat Mändli e “Louis 162”, Pius Schwizer e “Ulysse X” ou Kevin Staut e “Le Prestige St Lois”. No desenlace, Edwina, nada en Sydney pero con residencia nos Países Baixos, impúxose por mellor tempo no desempate ao suízo Beat Mandli e á belga Judy-Ann Melchior.

Onte, o gran premio do Concello foi para o teutón Philipp Weishaupt, que no desempate con oito rivais impúxose por tempo ao español Rafi Latham, segundo, e á sueca Malin Baryard-Jonhsson, terceira.

GAÑADORES DA PROBA VIGUESA DA COPA DO MUNDO 

Ano

Nome

País

Cabalo

2002

Franke Sloothaak

GER

Joli Coeur

2003

Markus Fuchs

SUI

Granie

2004

Eugénie Angot

FRA

Cigale du Taillis

2005

Tina Lund

DEN

Andante

2006

Thomas Frühmann

AUT

The Sixth Sense

2007

Steve Guerdat

SUI

Jalisca Solier

2008

Thomas Frühmann

AUT

The Sixth Sense

2009

Marco Kütscher

GER

Cash 63

2010

Edwina Alexander

AUS

Cevo Socrates

 

GAÑADORES DO TROFEO CONCELLO DE VIGO NA COPA DO MUNDO

 

Ano

Nome

País

Cabalo

2002

Michael Whitaker

GBR

Handel II

2003

Franke Sloothaak

GER

Adolf D

2004

Ludger Beerbaum

GER

Goldfever

2005

Markus Fuchs

SUI

La Toya III

2006

Lars Nieberg

GER

Loreana

2007

Marco Kütscher

GER

Cash 63

2008

Thomas Frühmann

AUT

The Sixth Sense

2009

Tim Stockdale

GBR

Fresh Direct Corlato

2010

Philipp Weishaupt

GER

Catoki

 Gran Premio Concello de Vigo (144.9 kB)

 Rolex FEI World Cup Jumping (155.87 kB)