Loira, bolseira de VIDE, con España a Francia esta semana

antialoiraAntía Loira, viguesa de 17 anos e pertencente ao Piragüismo Val Miñor-Frioya, participará esta semana e por vez primeira coa selección española de slalom nunha competición internacional. Será así a primeira padeeira galega no equipo nacional. A proba, o Eurolympiques, celébrase dende este venres e durante a fin de semana en Lannion (Francia), citándose @s mellores cadetes e juniors de Europa.

Antía Loira, primeira galega integrada no Programa Nacional de Tecnificación de Slalom na Seu D´Urgell, foi bolseira pola Fundación Vigo en Deporte nos anos 2008 e 2009. No 2010, os equipos estatais de descenso en augas bravas competirán nos Mundiais seniors de Sort (7 ao 13 de xuño) e nos Europeos juniors de Kraljevo (Serbia, 19-25 de xullo).