O Pilotes Posada recibirá o sábado ao Reale Ademar, que hoxe xoga en León diante do Barça

ademarA sete xornadas para o final, o Pilotes Posada inicia este sábado a súa carreira para a salvación ante un rival europeo, o Reale Ademar, que acaba de ser eliminado en oitavos de final da Liga de Campións polo Chekovskie Medvedi ruso. Os de Vladimir Maximov impuxéronse nos dous partidos (36-37 e 29-25).

A priori puidese parecer que o conxunto leonés é un adversario inabordable: en marzo meteuse na final da Copa do Rei, perdida ante o Barça (38-35), logo de esnaquizar a Valladolid (28-26) en cuartos e Ciudad Real en semifinais (26-24). Ademais, ante os cinco equipos da zona baixa só cedeu un punto, un empate (28-28) fronte ao Alcobendas en Madrid, e foi na primeira xornada. Con todo, a irregularidade dos xogadores de Jordi Ribeira colocou ao Ademar leonés en quinto lugar e a oito puntos do terceiro posto. Un exceso para a tradición deste equipo. Diante do pilotes, en León, gañou 26-24.

Ao pau anímico de caer axiña na competición continental (debaixo, a estatística do partido do Ademar na Rusia) podería unirse agora o duelo previsto para mañá martes en León fronte ao Barça, en partido que pecha a xornada de Liga número 23 (20.30 horas). Unha derrota deixaría ao Reale en terra de ninguén, e iso, alomenos sobre o papel, sería bo para os académicos nun campionato no que a pesares da derrota do sábado en Antequera hai catro equipos separados por dous puntos a partir do penúltimo lugar. Trátase do Octavio Pilotes Posada (penúltimo, 13 puntos), Torrevieja (14), J.D. Arrate (15) e Alcobendas (15).

ehf (28.02 kB)