Rudovic, de novo á caza de Masachs no alto da táboa de goleadores

O Pilotes Posada acadou ante o Antequera un máximo en canto á achega da súa parella de goleadores. Dos 25 goles anotados polos “rojillos”, 15 foron obra dos dous mellores canóns da Liga Asobal, o catalán Masachs (10) e o montenegrino Rudovic (5).

Fronte ao conxunto malagueño, a dependencia viguesa foi extrema, un 60%, un exceso que contrasta coa realidade, que é algo máis moderada. O dúo Masachs-Rudovic achega logo de 23 xornadas un 46,4% dos goles galegos.

Na localidade andaluza, o poderío de ambos foi esaxerado, máxime cando a media goleadora do Pilotes este ano é de 27 tantos por partido. A pesar da derrota, Masachs consolidou a súa primeira posición na táboa de forma incrible, mentres que Rudovic empolicouse á segunda praza. No Top Ten do campionato non só a académica é unha parella resolutiva; Granollers e San Antonio tamén teñen as súas. 

Nome

Equipo

Posición

Goles (PX)

Media

País

1. Josep Masachs

Pilotes Posada

Extr. Dereito

155 (23)

6,73

España

2. Novica Rudovic

Pilotes Posada

Lat. esquerdo

133 (23)

5,78

Montenegro

3. Aleksandar Svitlica

Fraikin Granollers

Extr. Dereito

130 (23)

5,65

Serbia

4. Cristian Malmagro

San Antonio

Lat. Dereito

125 (21)

5,95

España

5. Carlos Ruesga

San Antonio

Central

122 (23)

5,30

España

6. Dalibor Cutura

Arrate

Central

121 (23)

5,26

Serbia

7. Jorge Luis Paván

Cuenca 2016

Lat. dereito

117 (23)

5,08

Cuba

8. Rafael Baena

Antequera

Pivote

116 (23)

5,04

España

9. Davor Cutura

Fraikin Granollers

Lat. esquerdo

114 (23)

4,95

Serbia

10. Borut Oslak

Frigoríficos

Central

113 (22)

5,13

Eslovenia