Santiago de Compostela, sede da fase final da liga FGA sénior masculina

O pavillón santiagués do Lorenzo de La Torre acollerá os vindeiros 16, 17 e 18 de abril a Fase Final da Liga Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

Esta competición disputarase nunha liguiña que enfrontará aos catro equipos mellor clasificados tras a fase regular e que determinará que dous clubs acadan o ascenso á Primeira División Masculina. Os catro equipos participantes nesta final, primeiro e segundo de cada un dos grupos nos que se divide a fase regular desta liga, son por parte da zona norte o Gayolo Ford e o C.B.A e por parte do grupo sur o C.B. Tui e o Universitario Campus Ourense.

Todos estes encontros, un total de seis, disputaranse con entrada de balde e cos seguintes cruces e horarios:

Xornada 1º – 16/04/10
Gayolo Ford – C.B.A  (18.30 h)
C.B. Tui – Universitario Campus Ourense (20.30 h)

Xornada 2º - 17/04/10
Gayolo Ford – Universitario Campus Ourense (18.00 h)
C.B.A. - C.B. Tui  (20.00 h )

Xornada 3º - 18/04/10
C.B. Tui – Gayolo Ford (10.30 h )
Universitario Campus Ourense - C.B.A.  (12.30 h)