Sechu López, bolseiro VIDE, protagonista do novo número da revista de Montañeiros Celtas

O alpinista vigués Sechu López protagoniza a portada do último número da revista Montañeiros Celtas, cuxa tirada de 2.500 exemplares xa foi distribuída entre socios, patrocinadores e outros puntos da cidade.

A revista, ademais unha memoria das actividades de 2009 a través dun número especial impreso hai uns días, ofrece seis páxinas sobre a xesta do montañeiro galego o ano pasado no Gasherbrum II (GII), no que fixo cume a 8.035 metros. Sechu conta como se decidiu por ir ao Karakórum nesta reportaxe autobiográfica con sensacionais imaxes baixo o título de "Gasherbrum, as montañas luminosas".

López é bolseiro elite de VIDE desde o ano pasado, cando conseguiu unha das axudas da Fundación Vigo en Deporte polos seus éxitos deportivos en 2008. Facía once anos que un galego non alcanzaba o GII, cando o 7 de xullo de 1998 foi dominado polos irmáns tudenses Martínez Novas (Jesús e José Antonio), un día despois polos coruñeses Félix Criado e Fausto Blanco e tamén ese ano polo lucense Ramón Blanco.