Juan Antonio Samaranch, o home que inaugurou o complexo deportivo das Travesas

de-espaldas-jose-ramon-fontDelegado nacional de Educación Física e Deportes en 1967, Juan Antonio Samaranch inaugurou o Centro Deportivo Municipal das Travesas o 13 de xullo de 1968. O Concello de Vigo construíra unhas instalacións de fábula para aquel tempo na leira do Carmen.
O anterior delegado nacional, José Antonio Elola Olaso, suxerira esa localización e o investimento, municipal e da DND, foi moi importante para aquela época (50 millóns de pesetas).

Dende 1964, Rafael Portanet era o alcalde de Vigo e Samaranch impuxo ao rexedor a medalla ao mérito deportivo ese sábado. Miles de vigueses déronse cita nas Travesas para ver as flamantes instalacións, as mellores de España nese momento e que se inaugurarían esa data co Campionato de Europa de hóckey a patíns para categoría junior.
A imaxe que ilustra esta información, cedida polo Real Club Náutico, pertence á inauguración da piscina do Náutico, no ano 1967. Esa instalación deportiva custou 21 millóns de pesetas, según cita o propio club no seu libro do centenario da sociedade e escrito por José Gómez Alén. Na fotografía, de esquerda a dereita, José Ramon Fontán, secretario do club (de costas), José María Massó, vicepresidente, Samaranch e Martín Barreiro, presidente do RCNV.