O Senior masculino do Baloncesto Seis do Nadal-Coia consegue o ascenso á división "A" da liga zonal e xogará a final da competición

374ascensoseniormasculinozonal01O sénior masculino Zonal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu o ascenso á División "A" da Liga Zonal DVB sénior masculina despois de superar o cruce de semifinais ante Salesianos. O partido de ida disputado a semana pasada na pista de Coia rematou con vitoria do equipo do Seis do Nadal cunha vantaxe de oito puntos (57-49). Oito puntos de diferenza que foron de gran importancia na volta do cruce de semifinais celebrado no Colexio Salesianos.

A primeira parte do partido de volta foi unha réplica do encontro disputado na pista do Colexio Seis do Nadal, dous períodos de gran igualdade entre ambos equipos na pista e cun constante intercambio de canastras co que se chegaba ao descanso co combinado de Salesianos por diante do Seis do Nadal - Coia (32-31).

Reanudado o encontro, o terceiro dos períodos comezou cun importante parcial a favor de Salesianos que conseguía anotar canastras fáciles aproveitando os erros defensivos e a falta de acerto do equipo visitante. Un parcial de 20-13 no terceiro período e un marcador que reflexaba un 52 a 44 levaría á prórroga a ambos equipos a falta do decisivo último cuarto.

Os dez xogadores que iniciaban o cuarto período sabían que todas as accións serían de gran importancia para conseguir o ascenso e a praza na final do Campionato Zonal. O equipo de Salesianos continuaba co seu excelente xogo desenvolto no terceiro período e o conxunto de Coia seguía sumando sen alonxarse máis dos oito puntos de diferenza.

Chegaban os últimos minutos do encontro e o conxunto de Salesianos gañaba por once puntos (66-55). Tras saír do tempo morto pedido polo equipo visitante e con posesión para os xogadores de Salesianos, que veían o ascenso máis preto, cambiou a tónica establecida ao longo da segunda parte. Un balón perdido por Salesianos foi culminado polo Seis do Nadal cun triple que, de novo, empataba a eliminatoria.

Tralo triple o Seis do Nadal - Coia "camiñou" cara o ascenso. Un tiro non convertido por Salesianos foi aproveitado polos xogadores "nadalistas" para crear un rápido contraataque que rematou en canastra (66-60). Con menos de seis segundos para o remate da semifinal, un robo lle devolveu o balón ao Seis do Nadal que anotou un dos tiros libres dunha falta.

O encontro de volta das semifinais rematou cun marcador de 66-61 a favor de Salesianos que xunto ao 57-49 conseguido no partido de ida, convertía ao Seis do Nadal - Coia no equipo que conseguía o ascenso á División "A" da Liga Zonal Sénior Masculina e nun dos equipos que xogaría a final da liga.

O cruce de semifinais rematou con vitoria para o Seis do Nadal Coia tras oitenta minutos dun gran xogo por parte de ambos equipos, dun gran esforzo por parte de tódolos xogadores e dunha gran dirección desde as áreas técnicas, dos que foron testigos unha gran cantidade de seguidores así como de membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.