Os alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia disputan ás dúas finais do torneo de Baiona ante o Estudiantes Asefa Madrid

374alevinmasculinotorneominibaionaFinalizou en Baiona a 6ª Edición do Torneo de Categoría Minibásquet Novacaixagalicia, con dous mesmos equipos que chegaron á gran final en ambas categorías, o vigués Seis do Nadal e o madrileño do Estudiantes Asefa Madrid.

Durante tres xornadas Baiona acolleu a un gran número de rapazas e rapaces que representaron a 28 clubes galegos, españois e portugueses. Polas catro pistas habilitadas no CPI Covaterreña e no pavillón central de Baiona, se enfrontaron un total de 40 equipos: 20 en categoría feminina e outros 20 na de chicos.

Os equipos alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia conseguiron superar as diferentes fases de dito torneo para disputar a gran final do mesmo en ambas categorías. Na final masculina os vigueses, adestrados por Carlos Rodríguez e Pablo García, non tiveron opción e caíron por 54-27 ante o forte equipo do Estudiantes Asefa.

En categoría feminina, o combinado do Seis do Nadal Coia, dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, ofreceu moita maior resistencia, sendo superado ante o Estudiantes soamente no último minuto. O resultado no marcador foi de 40-31, tendo en conta que a un minuto e vintedous segundos de completarse o cuarto e último tempo, a igualdade era de 31 puntos.

Os equipos do Seis do Nadal chegaron á gran final do torneo despois de superar nas semifinais ao C.B. Valladolid (56-32) os nenos, e ao Baloncesto Feminino León (61-41) en categoría feminina. Nos cuartos de final do campionato os combinados alevíns masculino e feminino de Coia se enfrontaron ao B.B. Pontevedra e ao C.B. Carmelitas respectivamente, con vitoria en ambos encontros.

O premio ao máximo anotador masculino do torneo recaiu no xogador do Seis do Nadal, Lois Pérez, e o de máxima anotadora feminina en Claudia Ayuso do León Feminino. O mellor xogador do torneo foi Alberto Naranjo, do Estudiantes Asefa Madrid, e a mellor xogadora, nena que recibiu o Trofeo Claudia Ledesma, foi para Raquel Hurtado do Estudiantes Asefa Madrid, galardón que lle foi entregado polos pais de Claudia Fernández Ledesma, xogadora do Celta que recibira este mesmo galardón do Torneo Novacaixagalicia no ano 2008.