Cabecera Vide

Mes intenso no Celta de Baloncesto

maria-centeno-214x300A inscrición en liga feminina, tras un longo período de incerteza durante as últimas semanas, e o sorteo do calendario o pasado día 18, nas dependencias da Federación Española de Baloncesto, son parte das novidades do equipo celeste dos últimos días.

O R.C. Celta Baloncesto debutará na casa contra un recén ascendido como é Caixa Rural de Zamora e rematará a competición recibindo a Girona F.C., tras cinco meses e nove días de competición. Durante a tempada xogarán 5 partidos en xornada de mércores, dos cales o Celta xogará como visitante en catro ocasións -21/12 La Seu (J.11), 04/01 Soller (J.12), 08/02 Burgos (J.18), 15/02 Salamanca (J.20)- e un só como local -07/03 La Seu (J.24).

Renovacións
O club deu comezo ao capítulo das renovacións facendo efectivas as tres primeiras. Trátase das xogadoras Deborah Rodríguez, María Centeno e Sara Gómez.

Déborah Rodríguez Pérez

Data de nacemento: 22/01/1989
Lugar de nacemento: Vigo.
Posición: Pivot
Altura: 1.87 m

Traxectoria:
01/02 Real Club Celta Banco Simeón (infantil)
02/03 Real Club Celta Banco Simeón (infantil)
03/04 Real Club Celta Banco Simeón "A"(cadete)
04/05 Real Club Celta Banco Simeón "A"(cadete)
05/06 Real Club Celta Caixanova (junior)
06/07 Real Club Celta Caixanova (junior)
07/08 Real Club Celta Caixanova (1ºdiv.nac.)
08/09 Real Club Celta Caixanova - Universidade(1ºdiv.nac.)
09/10 Codigalco Carmelitas (l.f.2)
10/11 Celta Indepo (l.f.)

Tempada 2010/11: A tempada pasada Déborah Rodríguez dispuxo de poucos minutos en competición malia formar parte do primeiro equipo celeste. En 4 partidos apenas disputou 25 minutos de xogo. Non obstante a súa achega ao equipo, tanto nos adestramentos coma no vestiario, foi máis alá do meramente tanxible.

Datos biográficos: Déborah Rodríguez goza do seu segundo ciclo como xogadora en Vigo tras unha paréntese en LF-2 en Ourense. A nova pívot formouse nas categorías de formación do club, procedendo das Escolas Municipais de Baloncesto. En formación logrou proclamarse Campión de España Junior na tempada 2006-07, xunto a realidades do baloncesto español como Tamara Abalde ou Alba Torrens, nun equipo do que era capitana. Hai dúas tempadas e tras xogar no equipo de 1ª Nacional celeste deu un paso adiante na súa carreira, ao integrar parte do equipo do Codigalco Carmelitas de Ourense. A tempada pasada xa formou parte do primeiro equipo do C.D. Bosco de pleno dereito.


María González Centeno

Data de nacemento: 05/07/1993
Lugar de nacemento: Ourense
Posición: aleiro
Altura: 1.80 m

Traxectoria:
Colexio Compañía de María de Vigo
08/09 Real Club Celta Caixanova (cadete)
09/10 Real Club Celta Caixanova (junior)
10/11 Real Club Celta Caixanova (junior)

Datos biográficos: María Centeno disputará a próxima tempada a súa primeira experiencia profesional como membro de pleno dereito do primeiro equipo celeste. Tras comezar no baloncesto no colexio Compañía de María de Vigo, a aleiro viguesa pasou a formar parte da familia celeste na tempada 2008-09 en categoría cadete, proclamándose campioa galega consecutivamente durante tres anos e xogando os campionatos de España da categoría correspondente.

Chegoulle a internacionalidade moi pronto, formando parte da selección que se proclamou campioa de Europa en Nápoles categoría U16 no verán de 2.009. Agora mesmo se acha concentrado na preselección que disputará o Campionato de Europa U18 en Oradea (Romanía) durante o mes de Agosto.

Debutou en Liga Feminina co Celta Indepo o 3 de Xaneiro de 2.010 ante o Pazo de Congresos de Ibiza. Trátase dunha aleiro zurdo cun bo lanzamento exterior e un físico sobresaínte, con moitas posibilidades de progresar nas próximas tempadas.

Este é o primeiro contrato profesional que asina.

Sara Gómez Ferreirós

Data de nacemento: 01/08/1986
Lugar de nacemento: Vilagarcía de Arousa
Posición: Escolta
Altura: 1.72 m

Traxectoria:
01/02 A.D. Cortegada (cadete)
02/03 A.D. Cortegada (junior)
03/04 A.D. Cortegada (junior)
04/05 Extrugasa (l.f.)
05/06 Extrugasa (l.f.2.)
06/07 Extrugasa (l.f.)
07/08 Extrugasa (l.f.)
08/09 Extrugasa (l.f.)
09/10 R.C. Celta Indepo (l.f.)
10/11 R.C. Celta Indepo (l.f.)

Tempada 2010/11:
1. Partidos xogados: 26
2. Minutos: 716:10 27:32 min/par.
3. Puntos: 153 5.9 pts/par.
4. Rebotes: 53 2 reb/par.
5. Asistencias: 56 2.2 asi/par.
6. Valoración: 113 4.3 val/par.

Datos Biográficos: Sara Gómez disputará a súa terceira tempada no conxunto vigués. Unha das mellores xogadores galegas da actualidade, a súa polivalencia para os postos de base e escolta faille ser unha das xogadoras máis utilizadas polos seus técnicos.

Entrando na madureza deportiva, este mesmo verán cumprirá 25 anos tratando de reafirmarse como unha das escoltas máis sólidas do mercado nacional.

A súa fiabilidade nos dous lados do campo é notable. Nas dúas tempadas que leva como celeste completou senllos plenos de partidos, non perdéndose ningún nin por lesión nin por decisión técnica. Tratándose dunha xogadora nova, acumula máis de 150 partidos na máxima competición, o que o fai ser un xogador moi competitivo.

Debutou en Liga Feminina con 18 anos na tempada 2004-05 da man do seu club de formación, a A.D. Cortegada de Vilagarcía de Arousa.

Como membro de seleccións de formación, a escolta pontevedresa goza dun amplo palmarés en competicións internacionais:

2004. Selección Española U18. Subcampiona Europea en Bratislava (Eslovaquia)
2005. Selección Española U19. 5º Clasificada Mundial de Túnez.
2006. Selección Española U20. 4º Clasificada Europea en Sopron (Hungría).
2007. Selección Española U21. 9º Clasificada Mundial de Rusia.