Cabecera Vide

Comezo de tempada para o Trasnos Béisbol Club

trasnosOs equipos base de Trasnos Béisbol Club inician hose, 5 de setembro, os adestramentos da nova tempada 2011-2012, na que se estrearán en competicións oficiais.

Despois do verán, no que os nenos non deixaron de adestrar, os Trasnos encaran esta nova tempada con moitas ganas e máis ilusión.

Trasnos BC presentará 2 equipos infantís nas competicións galegas, os Orange e os Black, e 1 equipo alevín, aínda que se prevé que o ano remate con 2 equipos tamén na categoría dos máis pequenos.

En palabras do responsable técnico de Trasnos, Fernando R. Villanueva, este é un ano de consolidación para o novo club, onde a Directiva se fixou claros obxectivos, un dos máis importantes a participación no próximo Campionato de España Infantil.

A pasada fin de semana, os de Vigo enfrontáronse ao equipo Mixto de Sófbol Infantil de Cambre (A Coruña) que visitaron Vigo na súa xira de preparación para o Campionato de España de Sófbol Mixto Infantil que se disputará en Coruña os próximos 1 e 2 de outubro.

Os resultados foron de 17 a 5 no primeiro partido xogado co equipo local dos orange e de 14 a 5 cos black.

Ambos os dous xogos foron con máquina e pelota de sófbol, polo que os Trasnos tardaron en adaptarse ao picheo e ao tamaño da bóla, pero cabe destacar que a partir da 4ª entrada comezaron a sentirse máis cómodos en ambos os dous partidos.